Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle información relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Idioma

Seleccione su idioma

menú de navegación rápida

vuelva al inicio, navegue a través del mapa web o póngase en contacto con nosostros



Está usted en:

Exposiciones y actividades

Visite las exposiciones temporales que se desenvuelven en las dependencias de nuestro Museo

Actividades del Museo

A voltas co Baile: As Danzas. 10-09-2020

Xornadas en liña no 10 e 11 de Setembro. Nesta edición de A Voltas co Baile imos tratar sobre os contextos, a historia e as características de diferentes danzas, especialmente as coñecidas como danzas brancas, con presencia no noroeste da península, achegándonos tamén aos procesos experimentados ao longo do tempo. Participan Luis Costa, Antonio Martín Ramos e Miguel Sotelo. XOrnadas con custes por materiais. Inscrición e máis información en servizosdeac@museodopobo.gal

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 273Kb


Actividades de verán para nenos e nenas. 23-06-2020

O Museo organiza, xunto coa Rede de Centros Socioculturais Santiago de Compostela, obradoiros para nenos e nenas de 6 a 12 anos. 📍 No 7 e 8 de xullo, ás 11h e ás 12h30, contruiremos as obras do Mestre Andrade co Sistema Lupo (Idades de 10 a 12). 📍 O 9 de xullo, ás 12h30, #Barrococó, narración oral e música con Rilo&Penadique (idades de 6 a 8). Máis información e inscricións no teléfono do Centro Sociocultural As Fontiñas: 981 528750

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 230Kb


BARROCOCÓ. Visita para público familiar. 18-06-2020

Narración oral e música con Rilo&Penadique para achegarnos ao mestre Domingo de Andrade no ano no que lle dedican o Día das Artes Galegas. Para persoas adultas con crianzas a partir dos 4 anos. Actividade en exterior. Aforo limitado para garantir as medidas de seguridade. Inscrición obrigatoria en servizosdeac@museodopobo.gal

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 99Kb


MICE PETIS EN LIÑA. 27-03-2020

"De Oriente a Occidente (na rede)" Curtas de animación seleccionadas por Marcos Nine Bua para nenas e nenos O saber dos pobos, a súa idiosincrasia, a súa maneira de ser e entender o mundo transmítese de xeración en xeración en forma de historias. Ás veces de contos, de narracións breves, de pequenas ensinanzas agochadas en refráns e proverbios. Estas ensinanzas chegan a nós desde a infancia, a partires da narración oral, de texto e do cine. O cinema converteuse nunha importante ferramenta non só para a creación de obras senon para a transmisión de obras xa existentes contribuíndo así a transmisión de mitos e con eles da identidade dos pobos. A través da rede hoxe podemos acceder a filmes de multitude de países e culturas e con eles comprobar cales son as nosas singularidades pero igualmente identificar todo aquilo que nos une. Filmes (sinopses na lista de reproducción de YouTube): ‘ONDE ESTÁS MAMÁ?’, de Te Wei, 1960 (a partir de 2 anos). ‘A FLAUTA DO NENO BÚFALO', de Te Wei codirixida con Qian Jianjun, 1963 (a partir de 2 anos). ‘A LOITA ENTRE A GARZA E A AMEIXA', de Hu Jinquing, 1983 (a partir de 2 anos). ‘O CALIFA CIGOÑA’, Lotte Reiniger, 1929, (a partir de 3 anos). ‘A FRAUTA MÁXICA’, Valeriy Ugarov, 1995 (a partir de 5 anos). ‘LES TROIS INVENTEURS’, Michel Ocelot, 1980 (a partir de 6 anos). A partir do sábado 28, ás 11h, estará dispoñíbel o vídeo taller de xoguetes ópticos elaborado por Espacio Rojo. Máis información sobre a MICE en liña aquí: http://mice.museodopobo.gal/archivos/133

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - Kb


MICE EN LIÑA . 26-03-2020

Esta semana que comeza, a segunda de confinamento, sería a da celebración da décimo quinta edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. No extraordinario desta situación, pensamos que a cultura tamén pode ser un espazo de coidados e apoio mutuo, por iso o Museo do Pobo Galego e a dirección da MICE decidiron poñer en marcha este evento dun xeito diferente, non haberá seccións competitivas senón que o que se realizará será unha selección reducida de contidos audiovisuais e formativos que se ofrecerán en liña e que non exclúen a celebración da mostra prevista para a segunda quincena de setembro. Así, todas as persoas que o queirán poderán acceder dende as súas casas a todos estes materiais. A partir de mañá, martes 24 de marzo, habilitaráse na conta de Vimeo do Museo do Pobo Galego, unha canle na que se irán publicando cada dous días, algunhas das películas que pasaron en anteriores edicións pola MICE. Nesta primeira xornada poderanse ver Grab and run, de Roser Corella, un filme que aborda o rapto de noivas en Kirguizistán e que foi premio á Mellor Película Etnográfica na 13 edición da mostra. Tamén se poderá ver Hora silenciosa de Noelia María Muiño, unha curtametraxe documental que nos achega á forma de vida da comunidade de relixiosas de clausura que viven no convento de San Paio de Antealtares e que o xurado da edición da MICE de 2019 decidiu premiar como a Mellor Película Galega. Nas seguintes xornadas, habilitarase o visionado doutras películas premiadas na MICE como Nimble Fingers de Parsifal Reparato, un retrato de dúas traballadoras dunha das moitas multinacionais que se asentan en Hanoi (Vietnam); Os fillos da vide de Ana Domínguez, unha viaxe fílmica que vai do persoal ao ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións na súa terra natal; Belén de Adriana Vila Guevara, no que mediante un traballo de campo esencial e a través da música, o público poderá coñecer a Belén María Palacios, a “reina do quitiplá”. Tamén se poderá visualizar O tesouro de Corcoesto, de Cora Peña, un documental que se centra na problemática do proceso extractivo da mina de ouro de Corcoesto (Bergantiños) e L’eau sacrée de Olivier Jourdain, unha película que nos mergulla na sociedade ruandesa, explorando a sexualidade da comunidade con humor e espontaneidade. CANLE DE VIMEO: https://vimeo.com/channels/1550928

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - Kb


Convocatoria XII Edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas. 05-03-2020

A Fundación Antonio Fraguas Fraguas convoca os premios do XII Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas. O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas é un xeito de lembrar a figura do eminente pedagogo que fora primeiro director do Museo do Pobo Galego, premiando a comunidade escolar polos seus esforzos cara á educación patrimonial e á valoración do noso acervo cultural. Seguindo na liña por el trazada, a Fundación Antonio Fraguas Fraguas convoca a duodécima edición do proxecto didáctico encamiñado á realización de pescudas sobre o noso patrimonio nos centros escolares de Galicia. O ámbito temático abranguerá un ou varios destes campos: etnografía, antropoloxía, xeografía, historia ou arte da contorna inmediata do centro. Un capítulo ou alínea do traballo dedicarase a abordar algún aspecto lingüístico (toponimia, antroponimia, léxico, fraseoloxía...) relacionado co tema proposto. Valoraranse as accións que fomenten a educación en igualdade e/ou o coñecemento do patrimonio material e inmaterial relacionado cos camiños de Santiago. O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e está recoñecido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria como proxecto de innovación educativa.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 175Kb


VI Foro do Instituto de Estudos das Identidades. 07-02-2020

"A identidade galega no mundo da globalización. Sociedade, Lingua e Cultura" Baixo este epígrafe, e coa colaboración do Consello da Cultura Galega e do Museo do Pobo Galego, preséntase este VI Foro do Instituto de Estudos das Identidades. Desde hoxe e ata o mes de outubro celebraranse diversas sesións que poderán vostedes consultar no programa que se achega con esta nota.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 7484Kb


MICE Petís - Programación audiovisual, para Centros Educativos, da 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. 23-01-2020

MICE Petís é a parte da programación audiovisual dedicada ao público escolar e unha das novidades desta 15ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. O programa, que se desenvolverá dentro do festival polas mañá, está pensado para dúas franxas educativas: de 2º a 5º de EP e de 6º de EP a 4º da ESO. As curtas que compoñen as sesións son películas que interesan dende o punto de vista da etnografía polo coñecemento que achegan do mundo infantil e xuvenil en diferentes culturas (pasando do Nepal a Suecia, entre outras). Estas pezas conectan ademais distintas procedencias nun percorrido de oriente a occidente no que se mostran diversos usos culturais á vez que se traballan valores tan importantes na educación como a igualdade de xénero, a identidade sexual ou a diversidade funcional. As prazas son limitadas e a actividade gratuíta, para o cal será necesaria a inscrición previa escribindo ao correo electrónico servizosdeac@museodopobo.gal. Para máis información, consultar o documento adxunto no que se mostran as datas, horas e espazos de proxección.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 908Kb


Barrococó . 22-01-2020

Santiago de Compostela. Ano 1700. DON-DON-DON-DON-DON-DON-DON. Tocan as sete da tarde na Berenguela. As rúas ateigadas de xente cheiran a pan e a ouriñal. Óense o ruxerruxe dos carros cargados de pedra e o cantar dos punteiros. PIM-PAM-PIM-PAM. O Mestre Maior pasea do Pombal á catedral. As lavandeiras fan a revolución... e unha nai sae á xanela berrando polos fillos perdidos: "Ai meus nenos, meus neniños". Ao lonxe, no monte, os lobos... Este espectáculo de narración oral e música realizado pola compañía Rilo & Penadique para o Museo do Pobo Galego está pensando para achegar o mundo de Domingo de Andrade ao alumnado de 1º e 2º de Primaria, no ano no que se lle dedica o Día das Artes Galegas.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 99Kb


Aberta a inscrición / Call for entries 15ª MICE Museo do Pobo Galego. 18-11-2019

A 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que se celebrará do 23 ao 29 de marzo de 2020, abre o prazo para a presentación de filmes que serán seleccionados para concursar na Sección Oficial da mostra. Dito prazo estará aberto dende hoxe, día 7 de novembro, ata o vindeiro 8 de xaneiro de 2020 ás 23.59h, a través das webs Clickforfestivals e FestHome. Podedes consultar aquí as reglas de inscrición, premios, proceso de selección e outras consideracións.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 252Kb


Programa Escolar 2019/2020. 16-09-2019

O programa escolar do Departamento de Didáctica e Acción Cultural (DEAC) do Museo do Pobo 2019/20 centrarase de outubro a decembro na figura de Antonio Fraguas, no final do ano en que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras a este persoeiro tan ligado ao museo. A partir de xaneiro de 2020 co gallo da dedicatoria do Día das Artes Galegas a Domingo de Andrade, as actividades centraranse no que foi o arquitecto da reforma barroca do edificio que acolle a este museo e, en especial, na escaleira helicoidal.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 804Kb


Visitas guiadas á mostra “Galicia Máxica: Romarías e santuarios”. 29-08-2019

A exposición fotográfica “Galicia Máxica: Romarías e santuarios”, do antropólogo e historiador danés Gustav Henningsen, poderase visitar ata o vindeiro 22 de setembro no Museo do Pobo Galego. Por este motivo, o Departamento de Educación e Acción Cultural e o Departamento de exposicións organiza as últimas tres sesións de visitas guiadas á mostra a cargo de David Conde Lourido, comisario da exposición. As visitas, de carácter gratuíto, terán lugar os mércores, días 4, 11 e 18 de setembro ás 17h30 da tarde. Para asistir a esta actividade é preciso inscribirse previamente enviando un correo electrónico a exposicions@museodopobo.gal ou chamando ao 981583620, indicando o nome, apelidos e o día en que se quere asistir á visita.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 408Kb


Regueifa para a igualdade. Obradoiro para persoas adultas.. 27-06-2019

A regueifa é un modo de improvisación oral propio de Galicia no que dous grupos se retan dialecticamente. Introducindo temáticas como a ecoloxía, a defensa da lingua e, especialmente, o feminismo, traemos a regueifa ao século XXI procurando un discurso actualizado, que promova a igualdade e, á vez, axude a transmisión da lingua galega como ferramenta socializadora. Este obradoiro estará dirixido por Sara Marchena e Alba María, filólogas e regueifeiras do Proxecto Regueifesta. HORARIO: xoves 27 de xuño de 17h30 a 19h no Museo do Pobo Galego. PÚBLICO: persoas adultas. PRAZAS: 25. PREZO por materiais: Persoas desempregadas e socias/os do Museo: de balde. Para quen non estea nestas situacións: 2€. INSCRIPCIÓN PREVIA (por orde de chegada): servizosdeac@museodopobo.gal ata o 25 de xuño.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 103Kb


Fraguando datos sobre D. Antonio. 08-05-2019

Desde o DEAC do Museo do Pobo dispoñibilizamos o xogo autónomo "Fraguando datos sobre D. Antonio" co que as familias e alumnado de 3º a 6º de E.Primaria, poderán coñecer a Antonio Fraguas, homenaxeado das letras 2019 e o que foi director desta entidade. Trátase dun conto e un xogo de pistas elaborado pola socia Marga Alborés e o debuxante Gonzalo Vilas co que percorrer as salas do Museo de xeito ameno e divertido. Podedes pedilo coa vosa entrada ao Museo ou descargalo nas seguintes ligazóns: - Conto: http://www.museodopobo.gal/web/uploads/files/Conto%20Antonio%20Fraguas.pdf - Pistas: http://www.museodopobo.gal/web/uploads/files/FRAGUANDO%20DATOS%20Pistas%20Novas.pdf

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 9149Kb


Xornada Internacional de Museoloxía Usos do pasado: memoria, patrimonio, museoloxía e construción da democracia.. 07-05-2019

A xornada internacional que leva por título “Usos do pasado: memoria, patrimonio, museoloxía e construción da democracia”, terá lugar o vindeiro 7 de maio, mes no que se celebran o Día Internacional dos Museos e o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Antonio Fraguas quen foi fundador, director e presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego. Este encontro, co-organizado polo Museo do Pobo Galego, Universidade Nova de Lisboa - Instituto de História Contemporânea, a Facultade de Xeografia e Historia da Universidade de Santiago de Compostela e o Incipit-CSIC está coordinado por Paula Godinho e Ana Estevez Lavandeira e traerá a Santiago de Compostela numerosos representantes da Museoloxía Social de Portugal e de Galicia. Estruturada en tres mesas, dúas durante a mañá, e unha pola tarde, a xornada xira ao redor dos usos da memoria e a construcción de sociedades democráticas na práctica dunha museoloxía social, comunitaria e con perspectiva de xénero. Para rematar a Xornada,pasarase o filme "Raiva" do Sérgio Tréfaut. A película, un relato arduo e sen concesións sobre a loita de clases no Alentejo dos anos 50, estréase no estado español no marco desta xornada. O pase está aberto a público xeral. A inscrición na xornada é de balde pero necesaria para obter o certificado de asistencia. Ver máis

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 268Kb


AXENDA DAS LETRAS GALEGAS. 30-04-2019

En el documento adjunto se detallan las actividades programadas por el Museo a lo largo del mes de mayo para conmemorar el Día Das Letras dedicado a don Antonio Fraguas y el Día Internacional de los Museos.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 35Kb


BiblioteqEROS en el Archivo provincial de Pontevedra. 30-04-2019

La exposición “BibliotequEROS. O erotismo nas bibliotecas do MPG” se inaugura el martes 30 de abril a las 19:00 en el Arquivo do Patrimonio Documental e Bibliográfico de Pontevedra (Rúa Pai Amoedo). El acto se iniciará con una presentación de Santiago Díaz Lage, que irá seguida por la visita guiada a la exposición (19:45.).

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 117Kb


A voltas co Baile: O Baile tradicional, un patrimonio do século XXI?. 27-04-2019

"A voltas co baile" é unha xornada arredor dos cambios, influencias e devires do noso baile que o DEAC organiza desde 2012. Nesta ocasión centrarémonos na publicación no D.O.G. da resolución da D.X. de Patrimonio Cultural pola que se incoa o expediente para declarar o baile tradicional galego como ben de interese cultural do patrimonio cultural inmaterial. Este recoñecemento previo é necesario para levar adiante a iniciativa impulsada desde 2013 polo colectivo XOC, plataforma formada polas asociacións Xacarandaina (A Coruña), O Fiadeiro (Vigo) e Cantigas e Agarimos (Santiago) de que baile e danza tradicionais galegos sexan declarados Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade por parte da Unesco. O texto da resolución avivou o debate ao redor de cuestións relacionadas coa tranmisión na actualidade de aspectos ligados á tradición que no caso do baile, vai das consideracións técnicas ás medidas de divulgación e a representación escénica, pasando polo cuestionamento dos roles de xénero. O Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego convida nesta edición de A Voltas co Baile a diferentes profesionais relacionados co baile e co patrimonio para afondar sobre estas cuestións.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 1534Kb


CURSO: O folclore como recurso na estimulación cognitiva de persoas con demencia?. 23-11-2016

O Departamento de Educación do Museo do Pobo Galego e a Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencias Tipo Alzhéimer (AGADEA) colaboran, desde 2006, coa finalidade de estimular, a partir do patrimonio cultural que o Museo atesoura, ás persoas con demencias tipo alzhéimer. Como froito deste traballo, nace en 2016 a guía “Activando a Memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva”, pensada para implementarse desde o ámbito da educación patrimonial e da terapia cognitiva. No curso "O folclore como recurso na estimulación cognitiva de persoas con demencia?", Beatriz Rey (terapeuta ocupacional) e Carme Campo (educadora do Museo) explicarán as diferentes fases de traballo para elaborar estes materiais e porán en práctica varios dos exercicios recollidos nela. Será no mércores 23 de Novembro, de 16h a 19h no auditorio do Museo do Pobo Galego. Está dirixido a persoas do ámbito terapéutico, das educación patrimonial e a coidadores e coidadoras de persoas con doenzas tipo alzhéimer. O curso é gratuíto e conta con prazas limitadas polo que é necesario inscribirse antes do 18 de Novembro en deac@museodopobo.gal ou no 981 583 620.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 188Kb


Café da Memoria. Gandeiras. 17-11-2016

Unha parola que protagonizan os relatos daquelas e daqueles que son fonte viva da historia recente e que nos axudan a interpretar o mundo no que vivimos. Nesta ocasión serán compartimos café con Pilar Camba Cardil, Marina Rei e Pilar Guimarei. Considerado como unha extensión das tarefas domésticas, o estatus laboral das gandeiras, defínese máis pola relación familiar que ostenta co titular da explotación, que polo traballo desempeñado na mesma. A invisibilización do papel activo que as mulleres teñen no sector agrario, tradúcese en dificultades que van desde o acceso en igualdade á propiedade da terra até ate a súa presenza en postos de toma de decisións. E a crise do sector, cos progresiva desaparición das granxas pequenas e dos mercados locais, non axuda a mellorar a situación destas gandeiras.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 119Kb


Consulta el programa del simposio REPENSANDO GALIZA: AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931). 17-11-2016

Este año se cumple el centenario de la creación de las Irmandades da Fala (1916-1931), primeras organizaciones del nacionalismo gallego. Su actividad política, cultural y lingüística implicó un importante punto de inflexión en el devenir del país en muchos ámbitos y sentó las bases de la posterior consolidación de singularidades que llegarán hasta nuestros días. El presente Congreso pretende actualizar estudios previos y proporcionar un marco de análisis y debate sobre su significación en la evolución del pensamiento, de las ciencias, de la literatura y de las artes de Galicia, así como su incidencia en la dinámica política de un período en el que las tensiones nacionales y la conflictividad socio-política adquieren una especial relevancia en el seno del Estado español. El Simposio se desarrollará del 17 al 19 de noviembre. Para inscribirse es necesario enviar un correo electrónico a congresoirmandades@museodopobo.gal Matrícula gratuíta

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 142Kb


2ª Biblioteca Vivente "Tesouros vellos para xente nova". 19-10-2016

Logo da boa acollida da primeira edición celebrada en 2013, o Museo e Xandobela | Educación e Cultura organizamos a segunda edición da Biblioteca Vivente “Tesouros Vellos para Xente Nova”, nesta ocasión co apoio do Concello de Santiago de Compostela. Nunha Biblioteca Vivente os libros son persoas que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos lectores e as lectoras. Para ser un Libro non cómpre ser unha eminencia ou recoñecido estudoso, senón contar con experiencia vital ou saberes cos que poder ilustrar a outras persoas que descoñecen e teñen curiosidade. Terá lugar no Museo do Pobo Galego o día mércores 19 de outubro ás 17h30. Se desexas participar tes que enviar un correo electrónico a bibliotecasviventes@xandobela.info e mandarémosche as instrucións para a selección de lecturas na aplicación web.As prazas son limitadas.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 3967Kb


Volta ao cole!. 05-09-2016

Programación Infantil e primaria 2016/17

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 510Kb


11ª MICE. Videopresentación realizada por Raquel Rei. 17-06-2016

11ª Mostra Internacional de Cine Etnográfico - Raquel Rei from Museo do Pobo Galego on Vimeo.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 2300Kb


MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO. 15-01-2016

En junio de 2016 se celebra la undécima edición de la Mostra de Cine Etnográfico. La Mostra va a contar con sección competitiva con tres premios: mejor película etnográfica, mejor película gallega o sobre Galicia y premio del público. Desde hoxe e ate o 7 de abril, ábrese a convocatoria para inscribirse que se pode facer a través da plataforma www.clickforfestivals.com Tamén podedes descargar as bases en galego e castelán desde aquí.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 61Kb


A Gramola Gominola. 14-11-2015

ROCK NO MUSEO COA GRAMOLA GOMINOLA O vindeiro 14 de novembro, A Gramola Gominola, presenta o seu primeiro disco en Santiago de Compostela. A nova formación está constituída por Paco Cerdeira (guitarra), Anxelo de Xermar (baixo), Paula Romero (voz) e Rodrigo Muñoz (batería) que acumulan anos de experiencia na música infantil co grupo Mamá Cabra. O traballo editado por Galaxia na súa colección Sonárbore, conta coa participación de diferentes artistas coma Mini e Mero, Luís Tosar, Pablo Dalama, Gende Beat ou Alberto Cereijo. No espectáculo que van presentar no MPG, fan un repaso pola historia da música moderna onde se recollen estes diferentes estilos, cunha proposta didáctica para os e as máis novas da casa, onde poderán coñecer en clave de humor os diferentes estilos que engloban este mundo de músicas. Este repaso polas orixes e evolución da música serve de fío condutor para falar de valores tan esenciais como a amizade, a familia ou a importancia de facer deporte e levar unha alimentación saudable, o estudo pero tamén os xogos, a natureza e os seus recursos, a historia de Barriga Verde, todos contidos das súas letras. As entradas pódense recoller desde o xoves 12 de novembro ás 16h00 no Museo cun límite de catro por persoa

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 112Kb


Programación Bacharelato e Ciclos Formativos. 23-10-2015

Propostas de achegamento ao Museo para Bacharelato e Ciclos Formativos.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 714Kb


PROPOSTAS DIDÁCTICAS ENSINO SECUNDARIO . 22-09-2015

Oferta didáctica do DEAC para o ensino secundario durante o curso 2015/16.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 105Kb


Programa educativo para infantil y primaria 2015/16.. 10-09-2015

Os presentamos a continuación las propuestas del Museo do Pobo Galego para este curso 2015/16. Son diferentes opciones de uso de la entidad y de sus recursos para el colectivo escolar y docente desde el 2º ciclo de infantil a 6º de primaria. En este curso la oferta didáctica apuesta por un aprendizaje activo a partir de dinámicas lúdicas, de descubrimiento y simulación. Para solicitudes y/o información llamad al 981583620 (de lunes a viernrs de 10 a 14h) ou escribid en cualquier momento a deac@museodopobo.gal

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 1573Kb


Català-Roca en Compostela. 1956-1965. 30-04-2015

El Museo do Pobo Galego colabora en la edición del fotolibro que recoge unha amplia selección de las imágenes que el fotógrafo Francesc Català-Roca (1922-1988) realizó en Santiago de Compostela en los años 50 y 60 del siglo pasado. La publicación, al cuidado de AR y Novaniké, se puede adquirir en la recepción del Museo o solicitarla por correo electrónico a info@museodopobo.gal

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 60Kb


Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico. 03-02-2015

El 2 de febrero la presidenta del Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, recibió al presidente del Patronato, Justo Beramendi, al director del Museo, Carlos García Martínez, al director de Xerais, Manuel Bragado, y a Manuel Blanco, editor de "Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico", que le hicieron entrega del libro coeditado por Xerais y el Museo do Pobo Galego. La obra recoge los resultados de los trabajos fomentados por el Instituto de Estudos das Identidades durante 2012 y 2013, al hilo de los foros sobre natalidad y vejez en Galicia. Estos foros se desarrollaron en las principales ciudades, con la intervención de numerosos profesionales y figuras de distintos campos y colectivos. La obra se complementa con ensayos de diferentes autores, especialistas en etnografía, economía, demografía, sociología y politología, así como con las reflexiones y aportaciones de representantes de las fuerzas políticas y sociales más singulares del país, y de otros académicos y profesionales de la ciencia, el periodismo, la cultura, el arte y la empresa. Con este trabajo se pretende invitar a la sociedad gallega a pensar en su futuro y a actuar ante el grave desafío vital que representa su baja fecundidad desde hace treinta años -una de las tres más bajas de Europa- y su correlativo envejecimiento. Desafío en los ámbitos económicos, sociales y culturales para un país con una incuestionable personalidad propia, pero con una población que viene decayendo sin freno. Este libro se caracteriza por su pluralidad. Pluralidad de opiniones, sensibilidades y enfoques, mas también pluralidad en el análisis de las causas de este problema y de sus posibles soluciones. Pero pluralidad con un ánimo y objetivo comunes: el amor por Galicia, por su pueblo y por vislumbrar una esperanza demográfica, lejos del fatalismo y la pasividad.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 39Kb


Barriga Verde. De feira en feira. 14-11-2014

Coincidiendo con la exposición Barriga Verde. De feria en feria, está programada una serie de actividades paralelas, como la proyección del documental "Morreu o demo, acabouse a peseta", talleres de títeres para familias o visitas teatralizadas para escolares de infantil (los jueves de noviembre y diciembre, con reserva previa). Información y reservas: Departamento de Educación y Acción Cultural, 981583620.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 185Kb


Miradas sobre el Museo . 24-10-2014

Celebramos una nueva edición de las Miradas sobre el Museo. En esta ocasión es Maese Seisdedos el que nos invita a compartir su mirada: la de la literatura de cordel. La literatura de cordel es un género literario popular, escrito frecuentemente en la forma rimada, con origen en relatos orales y después impreso en folletos. El nombre viene de que los folletos eran expuestos para la venta colgados de cordeles. Los ciegos cantores,que aún recorrieron las aldeas gallegas durante buena parte del siglo XX,eran también vendedores de este tipo de literatura, de hecho, la narración cantada de sucesos era un reclamo para vender las coplas editadas en este formato. Os esperamos el próximo viernes, 24 de octubre, a las 19h30 de la tarde.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 334Kb


II Foro Isaac Díaz Pardo Empresa y Cultura. Los alimentos como producto cultural. 04-10-2014

La producción de alimentos no solo tiene como fin cubrir las necesidades nutricionales de las personas, sino contribuir a su desarrollo personal mediante la culturización de su preparación y consumo, como acertadamente define el movimiento Slow Food y que recoge en su axioma de que los alimentos deben ser buenos, limpios y justos. En este contexto es como el lema de este foro, Los alimentos como producto cultural: tradición, innovación e identidad, toma verdadera dimensión. En el II FORO ISAAC DÍAZ PARDO EMPRESA Y CULTURA, podremos conocer algunas experiencias sobre alimentos producidos por empresas que se basan en recursos autóctonos y elementos de la tradición cultural, donde la filosofía que defiende y fomenta el movimiento internacional Slow Food sobre lo que es un alimento sirve de marco para encuadrar estas experiencias y nos permitirá conocer el alcance y posibilidades existentes para la actividad empresarial y el desarrollo de nuevos productos alimentarios basándose en la cultura y saber hacer propios.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 287Kb


Prende no Colo. 02-10-2014

Taller didáctico para padres y madres con niños y niñas de 0 a 3 años. Jueves, 2 de Octubre de 2014, a las 17h30 Duración de 60 minutos Este taller acercará cantigas, cantos de cuna, juegos de dedos, recitados y otras piezas pensadas para iniciar a crianzas de 0 a 3 años en el ritmo y en la melodía a partir de temas tradicionales. Dirigido por Luis Prego, profesor de canto y baile tradicional y autor del libro "Juegos Musicales". Inscripción necesaria en deac@museodopobo.com o en el 981583620

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - Kb


Retornadas. Café de la memoria. 25-09-2014

Nueva edición del Café de la memoria alrededor de la emigración femenina de la 2ª mitad del siglo XX.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 506Kb


Programación Escolar 2014/15. 10-09-2014

Comenzamos un nuevo curso y el DEAC del Museo ya tiene a vuestra disposición la programación 2014/15 con propuestas desde Infantil hasta bachillerato. Más información en el apartado DEAC (Educación y Acción Cultural)/ Visitas grupos.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 415Kb


Verán 2014. 28-07-2014

Programacion del DEAC para los meses de julio, agosto y septiembre.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 1431Kb


O Remuíño que se fixo escaleira. 26-07-2014

Para facilitar a visita á colección do MPG cos pequenos e pequenas da familia, o departamento de Educación e Acción Cultural deseñou un xogo de pistas para recorrer as salas do Museo dunha maneira divertida e autónoma. O xogo está dispoñible en galego, castelán e inglés e entrégase coa entrada na recepción do Museo.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 599Kb


Foros del Instituto de Estudos das Identidades: NATALIDAD Y VEJEZ EN GALICIA. 16-03-2013

Una vez finalizado el ciclo "Natalidade e Vellez en Galicia. Un pobo con pasado, un pobo con futuro?", el próximo 16 de marzo se celebrará en el Museo una sesión de conclusión en la que los participantes se reunirán para revisar en común los aspectos tratados en los distintos foros y preparar la edición de los materiales elaborados.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 124Kb


A voltas co baile. Valse, rumba, pasodobre. 30-11--0001

Segunda edición del curso "A voltas co baile" este año dedicado al estudio del origen, la evolución y la adaptación gallega de la rumba, el vals y el pasodoble. Se celebrará el sábado 27 de abril de 11h a 14h y de 16h30 a 19h30 y el profesor será Manolo Cobas. Es necesaria inscripción en el 981583620 o en deac@museodopobo.com. Esta actividad cuenta con la colaboración de la Concellería de Cultura del ayuntamiento de Santiago de Compostela.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - 79Kb


Vídeo resumen de Olladas 2012: o clown. 30-11--0001

"Olladas sobre o Museo: o clown". La productora illa Bufarda ha realizado un resumen de la actuación de Isabel Risco y Fran Rei el 26 de octubre del pasado año. La grabación completa está disponible en el Museo.

Olladas sobre o museo: o clown from Illa Bufarda on Vimeo.

descarga el archivo en formato PDF Descarga - PDF - Kb

El museo acoge

Horario de visitas

Horario del Museo

De martes a sábado:
11:00 - 18:00 horas

Domingos y festivos
11 - 14 horas

LUNES CERRADO

24 y 31 de diciembre, 5 de enero: 11 - 14 horas

Cierre anual
1 de enero (Año) y
25 de diciembre (Navidad)

Tarifas

Tarifas del Museo

Entrada ordinaria:
4 euros

Entrada reducida:
1,50 euro (mayores de 65 años, estudiantes mayores de 18 años)

Entrada gratuíta:
socios del Museo (acompañantes 3 euros), estudiantes menores de 18 años y trabajadores desempleados

Grupos a partir de 6 personas:
3 euros por persona

Visita a exposiciones temporales:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de mayo (Día de los Museos)
25 de julio
29 de octubre (aniversario del MPG)


DÓNDE ESTAMOS

Situación geográfica del Museo

acceso al mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Más información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe la posibilidad de organizar visitas para grupos previo contacto

más información de las visitas guiadas

visita virtual

Una mirada virtual al museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar la visita virtual es necesario tener instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto y Política de privacidad