Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí.

Language

Select your language

quick navigation menu

Back to start, browse the the web map or contact us



You are in:

Exhibitions and Activities

Visit the temporary exhibitions helded in our Museum

Museum Activities

Café da Memoria. As traballadoras da conserva. 24-01-2019

Unha nova edición do Café da Memoria, esta vez dedicado ás traballadoras das fábricas de conserva, con dúas sesións e unha pequena intervención na sala do Mar do Museo. 22 de novembro ás 20h no Auditorio: o músico e investigador Xurxo Souto presentará o proxecto de recuperación de cantigas de traballo das mulleres do mar. No acto participará Cantarelas que poñerán voz a algunha das pezas recuperadas por Souto. 29 de novembro a partir das 18:30h: café coas protagonistas. Estarán con nós algunhas operarias que traballaron nas fábricas de conserva da zona de Cangas e de Camariñas para falarnos das súas experiencias. A mesa estará moderada pola historiadora Encarna Otero. Esta actividade que conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela.

Download file  in PDF format Download - PDF - 2827Kb


Inauguración da exposición 'Galicia-Baviera'. 26-10-2018

A inauguración da exposición 'Wanderlust Galicia-Baviera', que reúne a obra de 28 artistas destas dúas procedencias, terá lugar o venres día 26 de outubro ás 18.00h no Museo do Pobo Galego. Esta cita é o resultado da colaboración entre o Museo do Pobo Galego, que abre as súas portas como espazo expositivo, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta e o Parlamento de Galicia, patrocinadores da mostra.

Download file  in PDF format Download - PDF - Kb


Programa escolar Infantil e Primaria 18/19.. 13-09-2018

Achegámosvos o programa deseñado para este curso 18/19, co que queremos convidarvos a vir coñecer, pasear e aprender neste Museo, o do Pobo, o cal cobra máis sentido coas vosas achegas e visitas.

Download file  in PDF format Download - PDF - 486Kb


CURSO: O folclore como recurso na estimulación cognitiva de persoas con demencia?. 23-11-2016

O Departamento de Educación do Museo do Pobo Galego e a Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencias Tipo Alzhéimer (AGADEA) colaboran, desde 2006, coa finalidade de estimular, a partir do patrimonio cultural que o Museo atesoura, ás persoas con demencias tipo alzhéimer. Como froito deste traballo, nace en 2016 a guía “Activando a Memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva”, pensada para implementarse desde o ámbito da educación patrimonial e da terapia cognitiva. No curso "O folclore como recurso na estimulación cognitiva de persoas con demencia?", Beatriz Rey (terapeuta ocupacional) e Carme Campo (educadora do Museo) explicarán as diferentes fases de traballo para elaborar estes materiais e porán en práctica varios dos exercicios recollidos nela. Será no mércores 23 de Novembro, de 16h a 19h no auditorio do Museo do Pobo Galego. Está dirixido a persoas do ámbito terapéutico, das educación patrimonial e a coidadores e coidadoras de persoas con doenzas tipo alzhéimer. O curso é gratuíto e conta con prazas limitadas polo que é necesario inscribirse antes do 18 de Novembro en deac@museodopobo.gal ou no 981 583 620.

Download file  in PDF format Download - PDF - 188Kb


Café da Memoria. Gandeiras. 17-11-2016

Unha parola que protagonizan os relatos daquelas e daqueles que son fonte viva da historia recente e que nos axudan a interpretar o mundo no que vivimos. Nesta ocasión serán compartimos café con Pilar Camba Cardil, Marina Rei e Pilar Guimarei. Considerado como unha extensión das tarefas domésticas, o estatus laboral das gandeiras, defínese máis pola relación familiar que ostenta co titular da explotación, que polo traballo desempeñado na mesma. A invisibilización do papel activo que as mulleres teñen no sector agrario, tradúcese en dificultades que van desde o acceso en igualdade á propiedade da terra até ate a súa presenza en postos de toma de decisións. E a crise do sector, cos progresiva desaparición das granxas pequenas e dos mercados locais, non axuda a mellorar a situación destas gandeiras.

Download file  in PDF format Download - PDF - 119Kb


Consulta o programa do simposio REPENSANDO GALIZA: AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931). 17-11-2016

Este ano cúmprese o centenario da creación das Irmandades da Fala (1916-1931), primeiras organizacións do nacionalismo galego. A súa actividade política, cultural e lingüística implicou un importante punto de inflexión no devir do país en moitos ámbitos e sentou as bases da posterior consolidación de singularidades que chegarán aos nosos días. O presente Congreso pretende actualizar estudos previos e fornecer un marco de análise e debate sobre a súa significación na evolución do pensamento, das ciencias, da literatura e das artes de Galiza, así como a súa incidencia na dinámica política dun período en que as tensións nacionais e a conflitividade socio-política adquiren unha especial relevancia no seo do Estado español. O Simposio desenvolverase do 17 ao 19 de novembro. Para inscribirse é preciso enviar un correo electrónico a congresoirmandades@museodopobo.gal Matrícula gratuíta

Download file  in PDF format Download - PDF - 142Kb


2ª Biblioteca Vivente "Tesouros vellos para xente nova". 19-10-2016

Logo da boa acollida da primeira edición celebrada en 2013, o Museo e Xandobela | Educación e Cultura organizamos a segunda edición da Biblioteca Vivente “Tesouros Vellos para Xente Nova”, nesta ocasión co apoio do Concello de Santiago de Compostela. Nunha Biblioteca Vivente os libros son persoas que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos lectores e as lectoras. Para ser un Libro non cómpre ser unha eminencia ou recoñecido estudoso, senón contar con experiencia vital ou saberes cos que poder ilustrar a outras persoas que descoñecen e teñen curiosidade. Terá lugar no Museo do Pobo Galego o día mércores 19 de outubro ás 17h30. Se desexas participar tes que enviar un correo electrónico a bibliotecasviventes@xandobela.info e mandarémosche as instrucións para a selección de lecturas na aplicación web.As prazas son limitadas.

Download file  in PDF format Download - PDF - 3967Kb


Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva.. 20-09-2016

Presentación da publicación "Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva" que se vai celebrar no martes día 20 de Setembro, ás 20h no auditorio do Museo co gallo da celebración do Día Internacional do Alzhéimer. Este traballo foi realizado desde o Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo en colaboración coa Asociación Galega para Axuda de Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA), co obxectivo de crear recursos asociados aos contidos do Museo para estimular cognitivamente a persoas afectadas por doenzas de tipo alzhéimer.

Download file  in PDF format Download - PDF - Kb


Volta ao cole!. 05-09-2016

Programación Infantil e primaria 2016/17

Download file  in PDF format Download - PDF - 510Kb


11ª MICE. Videopresentación realizada por Raquel Rei. 17-06-2016

11ª Mostra Internacional de Cine Etnográfico - Raquel Rei from Museo do Pobo Galego on Vimeo.

Download file  in PDF format Download - PDF - 2300Kb


MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO. 15-01-2016

En xuño de 2016 celebrarase a undécima edición da Mostra de Cine Etnográfico. A Mostra pasa ter sección competitiva con tres pemios: mellor película etnográfica, mellor produción galega e premio do público. Desde hoxe e ate o 7 de abril, ábrese a convocatoria para inscribirse que se pode facer a través da plataforma www.clickforfestivals.com Tamén podedes descargar as bases en galego e castelán desde aquí.

Download file  in PDF format Download - PDF - 61Kb


A Gramola Gominola. 14-11-2015

ROCK NO MUSEO COA GRAMOLA GOMINOLA O vindeiro 14 de novembro, A Gramola Gominola, presenta o seu primeiro disco en Santiago de Compostela. A nova formación está constituída por Paco Cerdeira (guitarra), Anxelo de Xermar (baixo), Paula Romero (voz) e Rodrigo Muñoz (batería) que acumulan anos de experiencia na música infantil co grupo Mamá Cabra. O traballo editado por Galaxia na súa colección Sonárbore, conta coa participación de diferentes artistas coma Mini e Mero, Luís Tosar, Pablo Dalama, Gende Beat ou Alberto Cereijo. No espectáculo que van presentar no MPG, fan un repaso pola historia da música moderna onde se recollen estes diferentes estilos, cunha proposta didáctica para os e as máis novas da casa, onde poderán coñecer en clave de humor os diferentes estilos que engloban este mundo de músicas. Este repaso polas orixes e evolución da música serve de fío condutor para falar de valores tan esenciais como a amizade, a familia ou a importancia de facer deporte e levar unha alimentación saudable, o estudo pero tamén os xogos, a natureza e os seus recursos, a historia de Barriga Verde, todos contidos das súas letras. As entradas pódense recoller desde o xoves 12 de novembro ás 16h00 no Museo cun límite de catro por persoa

Download file  in PDF format Download - PDF - 112Kb


Programación Bacharelato e Ciclos Formativos. 23-10-2015

Propostas de achegamento ao Museo para Bacharelato e Ciclos Formativos.

Download file  in PDF format Download - PDF - 714Kb


PROPOSTAS DIDÁCTICAS ENSINO SECUNDARIO . 22-09-2015

Oferta didáctica do DEAC para o ensino secundario durante o curso 2015/16.

Download file  in PDF format Download - PDF - 105Kb


Programa educativo para infantil e primaria 2015/16.. 10-09-2015

Presentámosvos a continuación as propostas do Museo do Pobo Galego para este curso 2015/16. Son diferentes opcións de uso da entidade e os seus recursos para o colectivo escolar e docente desde o 2º ciclo de infantil a 6º de primaria. Neste curso a oferta didáctica aposta por unha aprendizaxe activa a partir de dinámicas lúdicas, de descubrimento e simulación. Para solicitudes e/ou información chamade ao 981583620 (de luns a venres de 10 a 14h) ou escribide en calquera momento a deac@museodopobo.gal

Download file  in PDF format Download - PDF - 1573Kb


Català-Roca en Compostela. 1956-1965. 30-04-2015

O Museo do Pobo Galego colabora na edición do fotolibro que recolle unha ampla escolma das imaxes que o fotógrafo Francesc Català-Roca (1922-1988) realizou en Santiago de Compostela nos anos 50 e 60 do século pasado. A publicación, ao coidado de AR e Novaniké, pódese arquirir na recepción do Museo ou solicitala por correo electrónico a info@museodopobo.gal

Download file  in PDF format Download - PDF - 60Kb


Presentouse á presidenta do Parlamento o libro Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico. 03-02-2015

O 2 de febreiro a presidenta do Parlamento, dona Pilar Rojo, recibiu o presidente do Padroado, Justo Beramendi, o director do Museo, Carlos García Martínez, o director de Xerais, Manuel Bragado, e Manuel Blanco Desar, editor do libro "Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico", que lle fixeron entrega da obra coeditada por Edicións Xerais de Galicia e Museo do Pobo Galego. O libro recolle os resultados dos traballos fomentados polo Instituto de Estudos das Identidades durante 2012 e 2013, ao fío dos foros sobre natalidade e vellez en Galicia. Estes foros desenvolvéronse nas principais cidades, coa intervención de numerosos profesionais e persoeiros de distintos eidos e colectivos. A obra compleméntase cos ensaios de diferentes autores, especialistas en etnografía, economía, demografía, socioloxía e politoloxía, así como coas reflexións e achegas de representantes das forzas políticas e sociais máis sobranceiras do país, e doutros académicos e profesionais da ciencia, o xornalismo, a cultura, a arte e a empresa. Con este traballo preténdese convidar á sociedade galega a matinar no seu futuro e a actuar diante do grave desafío vital que representa a súa baixa fecundidade dende hai trinta anos –unha das tres máis baixas de Europa– e o seu correlativo avellentamento. Este libro caracterízase pola súa pluralidade. Pluralidade de opinións, sensibilidades e enfoques, mais tamén pluralidade na análise das causas deste problema e das súas posibles solucións. Pero pluralidade cun ánimo e obxectivo comúns: o amor por Galicia, polo seu pobo e por albiscar unha esperanza demográfica, lonxe do fatalismo e a pasividade.

Download file  in PDF format Download - PDF - 39Kb


Barriga Verde. De feira en feira. 14-11-2014

Coincidindo coa exposición Barriga Verde. De feira en feira, está programada unha serie de actividades paralelas, como a proxección do documental “Morreu o demo, acabouse a peseta”, obradoiros de monicreques para familias, visitas teatralizadas para escolares de Segundo Ciclo de Infantil (os xoves de novembro e decembro) ou visitas comentadas para o Terceiro Ciclo de Primaria (ambas visitas con reserva previa). Información e reservas: Departamento de Educación e Acción Cultural, 981583620.

Download file  in PDF format Download - PDF - 185Kb


Olladas sobre o Museo . 24-10-2014

Celebramos unha nova edición das Olladas sobre o Museo. Nesta ocasión é Maese Seisdedos o que nos convida a compartir a súa mirada: a da literatura de cordel. A literatura de cordel é un xénero literario popular, escrito frecuentemente na forma rimada, con orixe en relatos orais e despois impreso en folletos. O nome venlle de que os folletos eran expostos para a venda pendurados de cordeis. Os cegos cantores,que aínda percorreron as aldeas galegas durante boa parte do século XX, eran tamén vendedores deste tipo de literatura, de feito, a narración cantada de sucesos era un reclamo para vender as coplas editadas neste formato. Agardámosvos o vindeiro venres, 24 de outubro, ás 19h30 da tarde.

Download file  in PDF format Download - PDF - 334Kb


II Foro Isaac Díaz Pardo Empresa e Cultura. Os alimentos como produto cultural. 04-10-2014

A produción de alimentos no só ten como fin cubrir as necesidades nutricionais das persoas, senón contribuír ao seu desenvolvemento persoal mediante a culturización da súa preparación e consumo, como acertadamente define o movemento Slow Food e que recolle no seu axioma de que os alimentos deben ser “bos, limpos e xustos”. Neste contexto é como o lema deste foro, Os alimentos como produto cultural: tradición, innovación e identidade toma verdadeira dimensión. No II FORO “ISAAC DÍAZ PARDO” EMPRESA E CULTURA, poderemos coñecer algunhas experiencias sobre alimentos producidos por empresas que se basean en recursos autóctonos e elementos da tradición cultural, onde a filosofía que defende e fomenta o movemento internacional Slow Food sobre o que é un alimento serve de marco para encadrar estas experiencias e nos permitirá coñecer o alcance e posibilidades existentes para a actividade empresarial e o desenvolvemento de novos produtos alimentarios baseándose na cultura e saber facer propios.

Download file  in PDF format Download - PDF - 287Kb


Prende no Colo. 02-10-2014

Obradoiro didáctico para pais e nais con crianzas de 0 a 3 anos. Xoves, 2 de Outubro de 2014, ás 17h30 Duración de 60 minutos Este obradoiro achegará cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas pensadas para iniciar a crianzas de 0 a 3 anos no ritmo e na melodía a partir de temas tradicionais. Dirixido por Luís Prego, profesor de canto e baile tradicional e autor do libro “Xogos Musicais”. Inscrición necesaria en deac@museodopobo.com ou no 981583 620

Download file  in PDF format Download - PDF - Kb


Retornadas. Café da memoria. 25-09-2014

Nova edición do Café da memoria ao redor da emigración feminina da 2ª metade do século XX. Xoves, 25 de setembro ás 18h00.

Download file  in PDF format Download - PDF - 506Kb


Programación escolar 2014/15. 10-09-2014

Comezamos un novo curso e o DEAC do Museo xa ten a vosa disposición a programación 2014/15 con propostas desde Infantil até os bacharelatos. Máis información no apartado do DEAC (Educación e Acción Cultural) / Visitas grupos.

Download file  in PDF format Download - PDF - 415Kb


Verán 2014. 28-07-2014

Programación do DEAC do Museo para os meses de xullo,agosto e setembro.

Download file  in PDF format Download - PDF - 1431Kb


O Remuíño que se fixo escaleira. 26-07-2014

Para facilitar a visita á colección do MPG cos pequenos e pequenas da familia, o departamento de Educación e Acción Cultural deseñou un xogo de pistas para recorrer as salas do Museo dunha maneira divertida e autónoma. O xogo está dispoñible en galego, castelán e inglés e entrégase coa entrada na recepción do Museo.

Download file  in PDF format Download - PDF - 599Kb


Foros do Instituto de Estudos das Identidades: NATALIDADE E VELLEZ EN GALICIA. 16-03-2013

Finalizado o ciclo "Natalidade e Vellez en Galicia. Un pobo con pasado, un pobo con futuro?", o próximo 16 de marzo vai ter lugar no Museo unha sesión de conclusión, na que os participantes se reunirán para revisar en común os aspectos tratados nos diferentes foros e preparar a edición dos materiais elaborados.

Download file  in PDF format Download - PDF - 124Kb


A VOLTAS CO BAILE: Valse, Rumba e Pasodobre. 30-11--0001

Segunda edición do curso "A voltas co baile" este ano dedicado ao estudo da orixe, da evolución e da adaptación galega da rumba, do valse e do pasodobre. Celebrarase o sábado 27 de abril de 11h a 14h e de 16h30 a 19h30 e o profesor será Manolo Cobas. É necesaria inscrición no 981583620 ou en deac@museodopobo.com. Esta actividade conta coa colaboración da Concellería de Cultura do concello de Santiago de Compostela.

Download file  in PDF format Download - PDF - 79Kb


Vídeo resumo das Olladas 2012: o clown. 30-11--0001

"Olladas sobre o Museo:o clown". A produtora "Illa Bufarda" fixo un resumo da ollada/actuación de Isabel Risco e Fran Rei o 26 de outubro do pasado ano.Podedes dispór da gravación ao completo no Museo.

Olladas sobre o museo: o clown from Illa Bufarda on Vimeo.

Download file  in PDF format Download - PDF - Kb

The museum houses

Voces de Bueu. Mosaico de vivencias. 17-11-2018

Sábado 17 de novembro, ás 12 horas, preséntase no auditorio do MPG o libro editado polo Concello de Bueu e elaborado pola Asociación Club Golfiños-Bueu. A obra é un compendio de gravacións transcritas das cinco parroquias do concello, introducidas por unha pequena caracterización lingüística. O obxectivo primordial é a normalización e dinamización lingüística entre a xente máis nova.

Download file  in PDF format Download - PDF -" 159Kb

Opening hours

Museum Opening Hours

From Tuesday to Saturday:
10:30 -14 hours // 16 - 19:30 hours

Sundays and holidays
11 - 14 hours

MONDAYS CLOSED

December 24 and 31, January 5: 11 - 14 hours

Annual closure:
January 1(New Year) and
December 25 (Christmas)

Price

Museum prices

Ordinary ticket:
3 euros

Reduced rate:
1 euro (over 65, students over 18)

Free entrance:
Museum Members (companion 2 euros), students under 18 and unemployed

Groups of 8 or more, or 4 with large family ID card:
2 euros per person

Temporary Exhibition visits:
Free

Free Entrance:
Sundays
May 18 (Museum Day)
July 25
October 29 (MPG annivers)


WHERE WE ARE

Where we are

Access location map

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

New Web APOI

APOI Logo

More information in: apoi.museodopobo.gal



Group Visits

Group Visits

It is possible to arrange group visits by prior appointment

More information on guided visits

virtual visit

A virtual look at the museum

máis información das visitas guiadas

Virtual look at the museum requires installation of :
· QuickTime.  Quicktime Logo Download



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, addresse, contact and privacy policy