Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Exposicións e actividades

Visite as exposicións temporais que se desenrolan nas dependencias do noso Museo

Actividades do Museo

12 MICE, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. 29-05-2017

Do 29 de maio ao 3 de xuño celébrase a duodécima edición da MICE, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego. Máis información nesta páxina en Documentos.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 278Kb


Día Internacional dos Museos. 18-05-2017

Programación do DIM 2017 que este ano celébrase baixo o lema "Museos e historias controvertidas.Dicir o indicible nos Museos".

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 530Kb


Foros IEI: O noso pobo. De hoxe noutros corenta anos. 09-05-2017

Dende 1977, ano inaugural do MPG, Galicia viviu a que se cadra é a transformación máis acelerada da súa historia. Nos vindeiros anos, co novo modelo demográfico, coa industrialización e a terzarización, coa apertura a Europa e ao comercio global, coa revolución das telecomunicacións e os transportes, é probable que experimente unha transformación aínda maior. Mais iso non debe impedir que os galegos conservemos o cerne do noso propio xeito de ser como pobo e cultura diferenciados en Europa. O instituto de Estudos das Identidades do MPG propón analizalo nunha serie de foros ao longo do ano que andamos.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 2267Kb


A voltas co Baile: 40 anos de recollas. 29-04-2017

VI edición de "A voltas co baile" na que, co gallo do 40 aniversario do Museo, queremos celebrar o cometido que a entidade asumiu e exerce desde a súa fundación: recompilar, salvagardar e devolver á sociedade o patrimonio cultural que a súa colección alberga. Por este motivo, o programa desta xornada estará dedicado aos 40 anos de recompilación do baile tradicional, pondo o foco de atención naquelas persoas e agrupacións que se envolveron na busca, recompilación, salvagarda e divulgación desta parte importante do noso patrimonio inmaterial. Xunto con Carolina Hernández, Mercedes Peón e Luís Prego, tentaremos afondar sobre as motivacións e dificultades nestas catro décadas de recollas, sobre o proceso de recompilación, a evolución do traballo de campo ou sobre como ese material foi e é devolto á sociedade do que parte. A actividade é de balde e está dirixida a persoas adultas. As partes teóricas son de acceso libre, mentres que as prácticas requiren coñecementos en baile tradicional e inscrición previa en deac@museodopobo.gal

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 449Kb


Teño unha peza: Jorge Mira. 18-04-2017

No 2017 o Museo do Pobo Galego cumpre 40 anos. Con este motivo botouse a andar un novo programa que chamamos “Teño unha peza” seguindo a actual campaña de promoción “Teño un Museo”, que pode verse a través dunha pantalla na entrada do Museo e noutros lugares de cidade. Realizarase unha charla cada mes (agás en agosto) e dúas en febreiro: unha para público en xeral e outra infantil. As intervencións serán de especialistas de diferentes ámbitos que falarán arredor dunha das pezas do museo. Trátase de dar unha visión persoal, de maneira que a peza pode ser un motivo para a divagación, para falar do museo ou do seus intereses, pois non se trata dunha interpretación técnica senón dun achegamento dende a persoa e a súa área vital.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 172Kb


Programa . 19-01-2017

No 2017 o Museo do Pobo Galego cumpre 40 anos desde a súa inauguración no ano 1977. Con este motivo bótase a andar un novo programa, Teño unha peza, título vencellado á actual campaña de promoción Teño un Museo, impulsada polos socios da institución e que pode verse na páxina Web do MPG e tamén, grazas á colaboración do Concello de Santiago, en distintos lugares públicos da cidade. En Temos unha peza convocarase o público, unha vez ao mes -agás agosto-, a un coloquio cun persoeiro representativo da cultura, a ciencia, o deporte, a política, o deseño, o teatro, o periodismo... Tendo como pretexto unha obra dos propios fondos do museo, as intervencións, escapando do coñecido acto convencional, pretenden achegar os valores museísticos con actuacións abertas, nas que os invitados engadirán o seu selo persoal. Unha pegada particular que, nesta libre lectura, contará coa música, a performance, o documental ou a representación dramática do momento. Trátase, pois, de dar unha visión singular, ao mesmo tempo que didáctica e creativa, non dunha interpretación meramente técnica; é un achegamento dende a área vital de relevantes persoas do noso país ao Museo do Pobo Galego, que agora cumpre anos, precisamente asociado á vida de Galicia.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 175Kb


CURSO: O folclore como recurso na estimulación cognitiva de persoas con demencia?. 23-11-2016

O Departamento de Educación do Museo do Pobo Galego e a Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencias Tipo Alzhéimer (AGADEA) colaboran, desde 2006, coa finalidade de estimular, a partir do patrimonio cultural que o Museo atesoura, ás persoas con demencias tipo alzhéimer. Como froito deste traballo, nace en 2016 a guía “Activando a Memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva”, pensada para implementarse desde o ámbito da educación patrimonial e da terapia cognitiva. No curso "O folclore como recurso na estimulación cognitiva de persoas con demencia?", Beatriz Rey (terapeuta ocupacional) e Carme Campo (educadora do Museo) explicarán as diferentes fases de traballo para elaborar estes materiais e porán en práctica varios dos exercicios recollidos nela. Será no mércores 23 de Novembro, de 16h a 19h no auditorio do Museo do Pobo Galego. Está dirixido a persoas do ámbito terapéutico, das educación patrimonial e a coidadores e coidadoras de persoas con doenzas tipo alzhéimer. O curso é gratuíto e conta con prazas limitadas polo que é necesario inscribirse antes do 18 de Novembro en deac@museodopobo.gal ou no 981 583 620.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 188Kb


Café da Memoria. Gandeiras. 17-11-2016

Unha parola que protagonizan os relatos daquelas e daqueles que son fonte viva da historia recente e que nos axudan a interpretar o mundo no que vivimos. Nesta ocasión serán compartimos café con Pilar Camba Cardil, Marina Rei e Pilar Guimarei. Considerado como unha extensión das tarefas domésticas, o estatus laboral das gandeiras, defínese máis pola relación familiar que ostenta co titular da explotación, que polo traballo desempeñado na mesma. A invisibilización do papel activo que as mulleres teñen no sector agrario, tradúcese en dificultades que van desde o acceso en igualdade á propiedade da terra até ate a súa presenza en postos de toma de decisións. E a crise do sector, cos progresiva desaparición das granxas pequenas e dos mercados locais, non axuda a mellorar a situación destas gandeiras.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 119Kb


Consulta o programa do simposio REPENSANDO GALIZA: AS IRMANDADES DA FALA (1916-1931). 17-11-2016

Este ano cúmprese o centenario da creación das Irmandades da Fala (1916-1931), primeiras organizacións do nacionalismo galego. A súa actividade política, cultural e lingüística implicou un importante punto de inflexión no devir do país en moitos ámbitos e sentou as bases da posterior consolidación de singularidades que chegarán aos nosos días. O presente Congreso pretende actualizar estudos previos e fornecer un marco de análise e debate sobre a súa significación na evolución do pensamento, das ciencias, da literatura e das artes de Galiza, así como a súa incidencia na dinámica política dun período en que as tensións nacionais e a conflitividade socio-política adquiren unha especial relevancia no seo do Estado español. O Simposio desenvolverase do 17 ao 19 de novembro. Para inscribirse é preciso enviar un correo electrónico a congresoirmandades@museodopobo.gal Matrícula gratuíta

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 142Kb


2ª Biblioteca Vivente "Tesouros vellos para xente nova". 19-10-2016

Logo da boa acollida da primeira edición celebrada en 2013, o Museo e Xandobela | Educación e Cultura organizamos a segunda edición da Biblioteca Vivente “Tesouros Vellos para Xente Nova”, nesta ocasión co apoio do Concello de Santiago de Compostela. Nunha Biblioteca Vivente os libros son persoas que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos lectores e as lectoras. Para ser un Libro non cómpre ser unha eminencia ou recoñecido estudoso, senón contar con experiencia vital ou saberes cos que poder ilustrar a outras persoas que descoñecen e teñen curiosidade. Terá lugar no Museo do Pobo Galego o día mércores 19 de outubro ás 17h30. Se desexas participar tes que enviar un correo electrónico a bibliotecasviventes@xandobela.info e mandarémosche as instrucións para a selección de lecturas na aplicación web.As prazas son limitadas.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 3967Kb


Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva. 20-09-2016

Presentación da publicación "Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva" que se vai celebrar no martes día 20 de Setembro, ás 20h no auditorio do Museo co gallo da celebración do Día Internacional do Alzhéimer. Este traballo foi realizado desde o Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo en colaboración coa Asociación Galega para Axuda de Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA), co obxectivo de crear recursos asociados aos contidos do Museo para estimular cognitivamente a persoas afectadas por doenzas de tipo alzhéimer

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - Kb


Volta ao cole!. 05-09-2016

Programación Infantil e primaria 2016/17

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 510Kb


11ª MICE. Videopresentación realizada por Raquel Rei. 17-06-2016

11ª Mostra Internacional de Cine Etnográfico - Raquel Rei from Museo do Pobo Galego on Vimeo.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 2300Kb


MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO. 15-01-2016

En xuño de 2016 celebrarase a undécima edición da Mostra de Cine Etnográfico. A Mostra conta agora con sección competitiva con tres premios: mellor película etnográfica, mellor película galega ou sobre Galicia e premio do público. Desde hoxe e ate o 7 de abril, ábrese a convocatoria para inscribirse que se pode facer a través da plataforma www.clickforfestivals.com Tamén podedes descargar as bases en galego e castelán desde aquí.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 61Kb


A Gramola Gominola. 14-11-2015

ROCK NO MUSEO COA GRAMOLA GOMINOLA O vindeiro 14 de novembro ás 18h30. A Gramola Gominola, presenta o seu primeiro disco no Museo. A nova formación está constituída por Paco Cerdeira (guitarra), Anxelo de Xermar (baixo), Paula Romero (voz) e Rodrigo Muñoz (batería) que acumulan anos de experiencia na música infantil co grupo Mamá Cabra. O traballo editado por Galaxia na súa colección Sonárbore, conta coa participación de diferentes artistas coma Mini e Mero, Luís Tosar, Pablo Dalama, Gende Beat ou Alberto Cereijo. No espectáculo que van presentar no MPG, fan un repaso pola historia da música moderna onde se recollen estes diferentes estilos, cunha proposta didáctica para os e as máis novas da casa, onde poderán coñecer en clave de humor os diferentes estilos que engloban este mundo de músicas. Este repaso polas orixes e evolución da música serve de fío condutor para falar de valores tan esenciais como a amizade, a familia ou a importancia de facer deporte e levar unha alimentación saudable, o estudo pero tamén os xogos, a natureza e os seus recursos, a historia de Barriga Verde, todos contidos das súas letras. As entradas pódense recoller desde o xoves 12 de novembro ás 16h00 no Museo cun límite de catro por persoa

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 112Kb


Daboapipa. Contos do Animalario. 23-10-2015

O vindeiro 23 de outubro ás 17h30 "Contos do Animalario" de daboapipa no Museo. Aforo limitado. Entrada xeral 2 euros. Menores, persoas socias e desempregadas de balde. Recollida de entradas desde o xoves 22 ás 16h00 na recepción(máximo 4 por persoa).

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 714Kb


Programación escolar.Ensino Secundario.. 22-09-2015

Oferta didáctica do DEAC para o ensino secundario durante o curso 2015/16.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 105Kb


Programa educativo para infantil e primaria 2015/16.. 10-09-2015

PROGRAMACIÓN PARA CENTROS ESCOLARES CURSO 2015/16. Presentámosvos algunhas propostas para usar o Museo como recurso didáctico. Para reservar ou pedir máis información podedes chamar ao Tl.981583620 de luns a venres ou escribir en calquera momento a deac@museodopobo.gal

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 1573Kb


Català-Roca en Compostela. 1956-1965. 30-04-2015

O Museo do Pobo Galego colabora na edición do fotolibro que recolle unha ampla escolma das imaxes que o fotógrafo Francesc Català-Roca (1922-1988) realizou en Santiago de Compostela nos anos 50 e 60 do século pasado. A publicación, ao coidado de AR e Novaniké, pódese adquirir na recepción do Museo ou solicitala por correo electrónico a info@museodopobo.gal

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 60Kb


Presentouse á presidenta do Parlamento o libro Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico. 03-02-2015

O 2 de febreiro a presidenta do Parlamento, dona Pilar Rojo, recibiu o presidente do Padroado, Justo Beramendi, o director do Museo, Carlos García Martínez, o director de Xerais, Manuel Bragado, e Manuel Blanco Desar, editor do libro "Galicia, un pobo con futuro? O noso devalo demográfico", que lle fixeron entrega da obra coeditada por Edicións Xerais de Galicia e Museo do Pobo Galego. O libro recolle os resultados dos traballos fomentados polo Instituto de Estudos das Identidades durante 2012 e 2013, ao fío dos foros sobre natalidade e vellez en Galicia. Estes foros desenvolvéronse nas principais cidades, coa intervención de numerosos profesionais e persoeiros de distintos eidos e colectivos. A obra compleméntase cos ensaios de diferentes autores, especialistas en etnografía, economía, demografía, socioloxía e politoloxía, así como coas reflexións e achegas de representantes das forzas políticas e sociais máis sobranceiras do país, e doutros académicos e profesionais da ciencia, o xornalismo, a cultura, a arte e a empresa. Con este traballo preténdese convidar á sociedade galega a matinar no seu futuro e a actuar diante do grave desafío vital que representa a súa baixa fecundidade dende hai trinta anos –unha das tres máis baixas de Europa– e o seu correlativo avellentamento. Este libro caracterízase pola súa pluralidade. Pluralidade de opinións, sensibilidades e enfoques, mais tamén pluralidade na análise das causas deste problema e das súas posibles solucións. Pero pluralidade cun ánimo e obxectivo comúns: o amor por Galicia, polo seu pobo e por albiscar unha esperanza demográfica, lonxe do fatalismo e a pasividade.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 39Kb


Barriga Verde. De feira en feira. 14-11-2014

Coincidindo coa exposición Barriga Verde. De feira en feira, está programada unha serie de actividades paralelas, como a proxección do documental “Morreu o demo, acabouse a peseta”, obradoiros de monicreques para familias, visitas teatralizadas para escolares de Segundo Ciclo de Infantil (os xoves de novembro e decembro) ou visitas comentadas para o Terceiro Ciclo de Primaria (ambas visitas con reserva previa). Información e reservas: Departamento de Educación e Acción Cultural, 981583620.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 185Kb


Olladas sobre o Museo . 24-10-2014

Celebramos unha nova edición das Olladas sobre o Museo. Nesta ocasión é Maese Seisdedos o que nos convida a compartir a súa mirada: a da literatura de cordel. A literatura de cordel é un xénero literario popular, escrito frecuentemente na forma rimada, con orixe en relatos orais e despois impreso en folletos. O nome venlle de que os folletos eran expostos para a venda pendurados de cordeis. Os cegos cantores,que aínda percorreron as aldeas galegas durante boa parte do século XX, eran tamén vendedores deste tipo de literatura, de feito, a narración cantada de sucesos era un reclamo para vender as coplas editadas neste formato. Agardámosvos o vindeiro venres, 24 de outubro, ás 19h30 da tarde.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 334Kb


II Foro Isaac Díaz Pardo Empresa e Cultura. Os alimentos como produto cultural. 04-10-2014

A produción de alimentos no só ten como fin cubrir as necesidades nutricionais das persoas, senón contribuír ao seu desenvolvemento persoal mediante a culturización da súa preparación e consumo, como acertadamente define o movemento Slow Food e que recolle no seu axioma de que os alimentos deben ser “bos, limpos e xustos”. Neste contexto é como o lema deste foro, Os alimentos como produto cultural: tradición, innovación e identidade toma verdadeira dimensión. No II FORO “ISAAC DÍAZ PARDO” EMPRESA E CULTURA, poderemos coñecer algunhas experiencias sobre alimentos producidos por empresas que se basean en recursos autóctonos e elementos da tradición cultural, onde a filosofía que defende e fomenta o movemento internacional Slow Food sobre o que é un alimento serve de marco para encadrar estas experiencias e nos permitirá coñecer o alcance e posibilidades existentes para a actividade empresarial e o desenvolvemento de novos produtos alimentarios baseándose na cultura e saber facer propios.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 287Kb


Prende no Colo. 02-10-2014

Obradoiro didáctico para pais e nais con crianzas de 0 a 3 anos. Xoves, 2 de Outubro de 2014, ás 17h30 Duración de 60 minutos Este obradoiro achegará cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas pensadas para iniciar a crianzas de 0 a 3 anos no ritmo e na melodía a partir de temas tradicionais. Dirixido por Luís Prego, profesor de canto e baile tradicional e autor do libro “Xogos Musicais”. Inscrición necesaria en deac@museodopobo.com ou no 981583 620

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - Kb


Retornadas. Café da memoria. 25-09-2014

Nova edición do Café da memoria ao redor da emigración feminina da 2ª metade do século XX. Xoves, 25 de setembro ás 18h00.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 506Kb


Programación escolar 2014/15. 10-09-2014

Comezamos un novo curso e o DEAC do Museo xa ten a vosa disposición a programación 2014/15 con propostas desde Infantil até os bacharelatos. Máis información no apartado do DEAC (Educación e Acción Cultural) / Visitas grupos.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 415Kb


Verán 2014. 28-07-2014

Programación do DEAC do Museo para os meses de xullo,agosto e setembro.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 1431Kb


O Remuíño que se fixo escaleira. 26-07-2014

Para facilitar a visita á colección do MPG cos pequenos e pequenas da familia, o departamento de Educación e Acción Cultural deseñou un xogo de pistas para recorrer as salas do Museo dunha maneira divertida e autónoma. O xogo está dispoñible en galego, castelán e inglés e entrégase coa entrada na recepción do Museo.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 599Kb


Foros do Instituto de Estudos das Identidades: NATALIDADE E VELLEZ EN GALICIA. 16-03-2013

Finalizado o ciclo "Natalidade e Vellez en Galicia. Un pobo con pasado, un pobo con futuro?", o próximo 16 de marzo vai ter lugar no Museo unha sesión de conclusión, na que os participantes se reunirán para revisar en común os aspectos tratados nos diferentes foros e preparar a edición dos materiais elaborados.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 124Kb


A VOLTAS CO BAILE: Valse, Rumba e Pasodobre. 30-11--0001

Segunda edición do curso "A voltas co baile" este ano dedicado ao estudo da orixe, da evolución e da adaptación galega da rumba, do valse e do pasodobre. Celebrarase o sábado 27 de abril de 11h a 14h e de 16h30 a 19h30 e o profesor será Manolo Cobas. É necesaria inscrición no 981583620 ou en deac@museodopobo.com. Esta actividade conta coa colaboración da Concellería de Cultura do concello de Santiago de Compostela.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 79Kb


Vídeo resumo das Olladas 2012: o clown. 30-11--0001

"Olladas sobre o Museo:o clown". A produtora "Illa Bufarda" fixo un resumo da ollada/actuación de Isabel Risco e Fran Rei o 26 de outubro do pasado ano.Podedes dispór da gravación ao completo no Museo.

Olladas sobre o museo: o clown from Illa Bufarda on Vimeo.

descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - Kb

O museo acolle

Antropoloxía de/desde/en/para Galicia. 14-06-2017

A Asociación Galega de Antropoloxía organiza unha xornada profesional aberta para coñecer os traballos en curso relacionados con Galicia. Data: 14 de xuño de 2017 Inscripción: ata o 30 de abril Información: agantro2017@hotmail.com

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
3 euros

Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores desempregados

Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: www.apoi-mpg.org



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade