Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

O EDIFICIO

Visite as exposicións temporais que se desenrolan nas dependencias do noso Museo




es escaleiras

A fundación do antigo convento de Bonaval atribúese a San Domingos de Guzmán, que segundo a tradición no ano 1219 peregrinou a Santiago. Está encravado fóra de muros, na aba do monte da Almáciga e preto da Porta do Camiño, pola que entran cara á basílica do Apóstolo os peregrinos que veñen polo Camiño francés.

 

O corpo conventual, tal como chegou ata nós, corresponde ao episcopado de frei Antonio de Monroi, arcebispo de Santiago entre 1685 e 1715, e débese a Domingos de Andrade. A portada está composta por dúas grandes pilastras toscanas decoradas coas sartas de froitas características do autor, que soportan un frontón curvo partido e enmarcan a gran porta alintelada, presidida pola imaxe do fundador. Por encima campa o escudo da casa de Altamira con coroa real.

Dentro do edificio, no ángulo noroeste, é digna de admiración a tripla escaleira helicoidal, que pola súa técnica e audacia estrutural dá boa mostra do virtuosismo de Andrade. Nun mesmo oco desenvólvense tres ramplas independentes, que conducen aos diferentes pisos. Esta escaleira está considerada por propios e estraños como un dos elementos singulares do patrimonio arquitectónico de Compostela.

 

 

Escaleiras do Museo

Cando se promulga a lei de exclaustración das ordes relixiosas o convento pasa a mans do Concello. Polo Real Decreto de 1836 da Reina Gobernadora, que dispón que "los edificios que fueron monasterios y conventos en esta Corte se destinen desde luego al beneficio de los pueblos", Bonaval é destinado "para cuarteles de los Regimientos de Compostela y Santiago, con demolición de la iglesia"; ende ben, este ditame non se chegou a executar. En 1841 o Concello destina o convento a hospicio, que por 1945 ocupaba aínda a parte norte; a ala sur acolleu un colexio de xordomudos e cegos. Ao ser suprimidas estas institucións quedou por un tempo desocupado, ata que en 1963 o Concello decide acondicionar e destinar unha parte das dependencias para Museo Municipal.

En 1977, a petición do Padroado do Museo do Pobo Galego, o Concello cede o edificio para a creación do museo do mesmo nome. No solar da parte occidental, que permaneceu vacante durante décadas, inaugurouse en 1993 o Centro Galego de Arte Contemporánea, proxectado polo arquitecto portugués Álvaro Siza Vieira. A horta conventual, na que aínda se alzan as ruínas dalgunhas dependencias dos frades, transformouse ao ano seguinte en parque público.

 

A Igrexa De San Domingos

Visite as exposicións temporais que se desenrolan nas dependencias do noso Museo

O corpo central do templo, dos séculos XIII e XIV, é o único exemplo que se conserva en Compostela do gótico mendicante. O templo orixinal foi modificado ao longo dos séculos posteriores con numerosas obras e adicións.

a igrexa no interior

A planta é de tres naves e cruceiro. Forman a cabeceira tres ábsidas poligonais, rachada a central por cinco estreitas ventás, e cubertas con bóvedas de abano. Os brazos do cruceiro, o presbiterio e as dúas pequenas capelas laterais teñen bóvedas de cruceiría. As falsas bóvedas de aresta da nave central repousan mediante arcos de medio punto sobre altos piares con sinxelos capiteis de tradición románica.

A capela maior, á que dá acceso un arco apuntado con decoración vexetal, está rodeada por un zócolo de arcatura trilobulada e alberga catro sepulcros do século XV, que corresponden a donas e cabaleiros da poderosa casa de Altamira.

 

A capela absidal do lado do evanxeo está dedicada a San Vicente Ferrer; San Domingos preside o retablo do XVIII, substituíndo a desaparecida imaxe de San Vicente. A capela da epístola leva a advocación de Santo Tomé de Aquino, e nela encóntrase a imaxe gótica da Virxe de Bonaval. Séguelle a capela de San Pedro Mártir e, a continuación, a de San Xacinto, construída segundo proxecto de Gaspar de Arce, nomeado na clave da bóveda coa data de 1617; é de planta cadrada, cuberta con cúpula de media laranxa rebaixada con rica ornamentación de casetóns e motivos heráldicos. Fronte a esta, a capela de San Domingos en Suriano, edificada en 1657 sobre a primitiva do Rosario, conserva un retablo do XVIII. A actual capela de Nosa Señora do Rosario, pertencente á confraría deste nome, foi iniciada en 1635 no solar do antigo claustro e cemiterio por Bartolomé Fernández Lechuga e terminada dez anos máis tarde por Jácome Fernández.

 

A fachada da igrexa, sobria, con frontón triangular partido sobre o que campa o escudo de Altamira, ábrese a través dunha gran reixa barroca que dá acceso ao adro e á escaleira que sobe ao templo; na portada, tres imaxes góticas: a Virxe co Neno Xesús flanqueada por San Pedro e Santa Catarina.

 

No ángulo esquerdo da igrexa álzase a torre, de tres corpos, os dous primeiros cúbicos, coas cornixas rematadas por cadansúa balaustrada, e o último octogonal coroado por unha cúpula que remata un pináculo con bola e catavento.

A igrexa de Bonaval acolle o Panteón de Galegos Ilustres, onde se encontran os enterramentos de Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Francisco Asorey, Domingo Fontán e Alfonso R. Castelao.


interior da igrexa interior da igrexainterior da igrexa

 

Audioguia

Audioguia

Descripción do edificio




Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
3 euros

Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores desempregados

Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: www.apoi-mpg.org



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade