Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

SERVIZOS

Servizos que ofrece o Museo

EDUCACIÓN E ACCIÓN CULTURAL: Visitas Grupos


GRUPOS

ESCOLARES 

O Departamento de Educación e Acción Cultural conta cunha oferta específica de aproveitamento didáctico para grupos escolares. Pódese elixir entre distintas formas de traballar os contidos do Museo, con opcións cuxa dirección e execución está a cargo do persoal do DEAC, outras deseñadas no departamento para ser executadas polos docentes cos seus grupos durante a visita no Museo (denominadas actividades autónomas) e as últimas, referidas a Antonio Fraguas, que comezarán desenvolverse desde xaneiro de 2019, ano en que a RAG dedica  o Día das Letras a este persoeiro tan ligado ao Museo.O horario para desenvolver as actividades dirixidas polo persoal do DEAC é de martes a venres de 11h a 14h e en grupos cun máximo de 25 participantes. Esta opción supón un custe de 0,70ct. por integrante.

Se optades polas actividades autónomas ou pola visita libre, o horario é de 10h30 a 14h e de 16 a 19h30 de martes a sábado. Domingos de 11 a 14h. Esta opción é gratuita para as persoas menores de 18 anos.

Contamos con algunhas propostas para que as persoas con diversidade funcional opten á nosa programación de actividades. Consultar co departamento, ben por teléfono, 981583620, ben por correo electrónico, servizosdeac@museodopobo.gal

Nesta mesma páxina, no apartado DEAC- Materiais de apoio, contades cos documentos para realizar as actividades autónomas e tamén coa Guía de Contidos do Museo, que pode servos de axuda sexa cal sexa a opción que escollades pero, sobre todo, se facedes a visita por libre. 

Programa Infantil e Primaria 2018/19  

Programa Secundaria, Bacharelato e Ciclos 2018/19 

Para os centros en intercambio contamos con dúas opcións de visita ao Museo en galego e español. Unha é unha presentación dos contidos do Museo de aproximadamente 20 minutos; a outra é un xogo de pistas. A duración é de aproximadamente uns 75 minutos. Os horarios son os mesmos para todos os ciclos e o custe deste servizo por alumno/a é de 70 ct.

OUTROS GRUPOS

O DEAC ofrece a posibilidade de realizar visitas comentadas cunha duración de 50/60 minutos escollendo entre os itinerarios Histórico-Artístico; Mar e Campo; Oficios, Indumentaria e Música; Arquitectura Popular e Sociedade ou unha visita xeral de achegamento a todos estes contidos. A realización destas visitas estará en función da dispoñiblidade dos e das educadoras do departamento e en horario de mañá. O custe destas visitas comentadas para persoas adultas é o da entrada correspondente máis 20 euros por grupo de até 25 persoas.

En calquera dos casos todos os grupos deberán reservar data e hora para garantir a entrada ao Museo e facelo nunhas condicións de aforo e seguridade adoitadas. Un  Museo é un espazo onde se atopan públicos diferente con obxectivos diversos. Polo tanto, hai que lembrar que debemos ter unha actitude respectuosa,  tanto de cara ao goce do resto das persoas que estean no Museo canda nós, como cara ao uso seguro de accesos e espazos comúns. Solicitamos aos e ás responsables dos grupos que mecionen expresamente este punto ás persoas que os integran.

VISITANTES DE TIPO FAMILIAR E  AMIZADES

Os grupos de tipo familiar con nenos e nenas,  teñen a súa disposición o "Remuíño de Pistas" e o "Coscobellos ao cesto". Os grupos de persoas adultas que o desexen poden usar para facer a súa visita o "Contidos en anacos". Ambas as dúas propostas convidan a visitar o Museo dun xeito diferente: á vez que subministran información sobre a colección e a súa interpretación faise un percorrido de tipo lúdico cun xogo de descubrimento. Estes materiais son de balde e solicítanse na recepción. Están dispoñibles en galego, castelán e inglés.

 

As actividades didácticas do Museo do Pobo Galego contan co patrocinio especial do Concello de Santiago de Compostela.

                                              


Horario de atención DEAC

Horario do Museo

De Martes a Venres::
11 -14 horas // 16 - 17:30 horas

Préstamo

Solicite unha visita guiada para comprender o valor do conxunto do Museo

Solicitude de préstamo de materiais e videoteca
Solicitude de préstamo de material didáctico e videoteca

Solicitude

Formulario de solicitude de visita/actividade didactica

Formulario de solicitude de visita/actividade didáctica
Solicitude de préstamo de material didáctico e videoteca


Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade