Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

SERVIZOS

Servizos que ofrece o Museo

EDUCACIÓN E ACCIÓN CULTURAL: Visitas Grupos


ESCOLARES

O DEAC conta cunha oferta específica para os grupos escolares. Dirixidas polas educadoras e educadores do Museo podedes elixir entre distintas formas de traballar cos contidos.

Infantil e Primaria

Secundaria, bacharelatos e FP

Para os centros que realicen intercambios con outras entidades docentes de fóra, contamos con dúas opcións de visita ao Museo en galego e español. Unha é unha presentación dos contidos do Museo de aproximadamente 20 minutos; a outra é un xogo de pistas. A duración é de aproximadamente uns 75 minutos.

 

Os horarios son os mesmos para todos os ciclos e o custe destes servizos por alumno/a é de 70 ct.

 

Se non se dan as condicións para poder contar co persoal do DEAC, ou simplemente porque así o preferides, tedes a oportunidade de realizar a visita autónoma deseñada polo DEAC, sen ningún custe. Nesta mesma web contades tamén coa Guía de contidos do MPG que pode servos de axuda para preparar  as visitas que deseñades desde os centros. 

 

OUTROS GRUPOS

O DEAC ofrece a posibilidade de realizar visitas comentadas cunha duración de 50/60 minutos escollendo entre os itinerarios Histórico-Artístico; Mar e Campo; Oficios, Indumentaria e Música; Arquitectura Popular e Sociedade ou unha visita xeral de achegamento a todos estes contidos.

O horario para estas visitas é de martes a venres de 11 a 14horas e martes, mércores e xoves de 16 a 17h30. O custe da visita guiada é o da entrada máis 20 euros por grupo de até 25 persoas.

Existen uns materiais para realizar visitas lúdicas sen necesidade da intervención do DEAC. Os grupos de tipo familiar con nenos e nenas,  teñen a súa disposición o "Remuíño de Pistas". As persoas adultas que o desexen poden usar o "Contidos en anacos". Ambas as dúas propostas convidan a visitar o Museo dun xeito diferente á vez que subministran información sobre a colección e a súa interpretación. Estes materiais son de balde, pídense na recepción e están dispoñibles en galego, castelán e inglés.


Horario de atención DEAC

Horario do Museo

De Martes a Venres::
11 -14 horas // 16 - 17:30 horas

Préstamo

Solicite unha visita guiada para comprender o valor do conxunto do Museo

Solicitude de préstamo de materiais e videoteca
Solicitude de préstamo de material didáctico e videoteca

Solicitude

Formulario de solicitude de visita/actividade didactica

Formulario de solicitude de visita/actividade didáctica
Solicitude de préstamo de material didáctico e videoteca


Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade