14 MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO Museo do Pobo Galego
Aberta a inscrición de filmes ate o 31 de xaneiro de 2019.
Descarga as bases aquí
MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO
MUSEO DO POBO GALEGO
ETHNOGRAPHIC FILM FESTIVAL MUSEO DO POBO GALEGO
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico está promovida polo Museo do Pobo Galego. O Museo é unha institución sen ánimo de lucro, cuxo traballo está orientado cara aos obxectivos xerais de investigación, conservación, divulgación, defensa e promoción da cultura galega en todos os seus ámbitos desde a perspectiva da antropoloxía cultural. Neste contexto, o do campo da antropoloxía social e cultural, o modo narrativo complexo que é o cinema ten demostrado ser un excelente medio de representación capaz de capturar elementos que dificilmente poden alcanzar outras linguaxes. E isto xa o sabían persoas como Xoaquín Lorenzo, Xocas, fundador e primeiro Presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego. El, que na década dos trinta sentaba as bases da etnografía galega moderna, foi o artífice, xunto a Antonio Román, de O Carro e o Home, unha das películas fundacionais da cinematografía galega e que forma parte do legado que Xocas deixou ao Museo. Parecía lóxico, polo tanto, que a entidade facilitase un espazo de divulgación do cinema etnográfico, o que se fixo desde 2005 a partir dun proxecto do DEAC (Departamento de Educación e Acción Cultural) do Museo.
O evento quere dar a coñecer os traballos audiovisuais que se fan no campo da etnografía e a antropoloxía visual, concepto que nace ao redor da década dos 40. Nesta altura a corrente do cine etnográfico era positivista, cun marcado carácter etnocéntrico. Vai ser a irrupción de movementos como o cinema verité ou o direct cinema estadounidense os que marcarán un camiño para salvar as limitacións narrativas no cinema etnográfico. Na actualidade as posibilidades e variedade de modalidades mediante as que se representan as culturas van desde o documental clásico expositivo ate os ensaios fílmicos máis experimentais, pasando polo cinema directo, o vídeo-diario ou as narrativas autorreflexivas.
Entre os obxectivos da MICE están:
• Difundir propostas audiovisuais que produzan coñecemento sobre os colectivos sociais e as culturas humanas, pero que tamén coiden o punto de vista cinematográfico exhibindo os traballos destacados neste campo e abordando as novas tendencias no cinema etnográfico;
• Potenciar e divulgar a creación de traballos audiovisuais con este carácter en Galicia; Posibilitar un foro en Galicia para aquelas persoas interesadas na relación entre o cinema e a antropoloxía social e cultural;
• Amosar unha Etnografía que vai moito máis alá do exótico, do primitivo ou do tradicional, cunha práctica na que se integran as olladas sobre as persoas e os contextos do presente, os cambios sociais e a diversidade cultural da época na que nos tocou estar;
• Incidir nun tipo de cinema diferenciado que promove o coñecemento e o respecto pola diversidade, así como o uso da arte cinematográfica como ferramenta para o cambio;
• Tratar singularmente o cinema etnográfico realizado por mulleres, un colectivo que, como outros minorizados, leva tempo construíndo unha narrativa na que poida recoñecerse, tamén nesta relación de confluencia entre a teoría e a práctica cinematográfica e a antropoloxía social e a cultural.
Palmarés
Premio ao Mellor Filme Etnográfico - Grab and Run, Roser Corella
Premio ao Mellor Filme Etnográfico Galego - Os fillos da vide, Ana Domínguez
Mención especial do Xurado - Ohne diese Welt, Nora Fingscheidt
Premio do Público - Belén, Adriana Vila
Fotografía Cartaz. Ana Riveiro
As entradas para as sesións do Teatro Principal póden recollerse desde o venres 1 de xuño, na billeteira do teatro.
Para a sesión do martes, día 5, en NUMAX poden recollerse desde o sábado 2 de xuño na propia sala.
As entradas para o Salón Teatro poden recollerse desde o venres día 8 de xuño, a partires das 16h30.
No MPG recóllense na recepción o mesmo día da proxección.
TODAS AS SESIÓNS DA 13ª MICE SON DE BALDE
12ª MICE, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego
29 de maio ao 3 xuño 2017. Santiago de Compostela.
Palmarés
Premio á Mellor Película Etnográfica - L'eau Sacrée, Olivier Jourdain
Premio á Mellor Película Etnográfica Galega - Esquece Monelos, Ángeles Huerta
Premio do Público - L'eau Sacrée, Olivier Jourdain
Promos 12ª MICE. Dirección Mónica Ares. Música, Raul Bartolomé.
Fotografía Cartaz, Borxa Toxa
11ª MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico
Museo do Pobo Galego
Do 13 ao 18 de xuño de 2016
Palmarés
Premio do Público e Mención Especial do Xurado- Os días afogados, Luis Avilés Baquero e César Souto Vilanova
Premio á Mellor Película Etnográfica Galega- O tesouro de Corcoesto, Cora Peña
Premio á Mellor Película Etnográfica- Muros, Pablo Iraburu e Migueltxo Ayestarán
10ª MICE MUSEO DO POBO GALEGO Promo
Dirección Cinta Adhesiva
9ª MICE MUSEO DO POBO GALEGO Promo
Dirección Illa Bufarda
De Martes a Venres::
11 -14 horas // 16 - 17:30 horas