Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

DOCUMENTOS

Servizos que ofrece o Museo

Cancioneiro: Eu non canto por cantar

5 - A xota

A pandeirada e a xota  teñen un carácter arcaico e para a súa interpretación, o cantor ou cantora tradicional, utilizaban os esquemas melódicos do corpus de melodías clasificadas como “melodías sen función determinada”. 

 

Estes esquemas melódicos, que tamén se recreaban no momento da execución do cantar, compleméntanse co esquema rítmico desexado orixinando así o xénero musical xota ou pandeirada.

 

A pandeirada, ou muiñeira vella, e a xota  son os bailes máis frecuentes nos lugares onde mellor se conservou a música tradicional. Tamén son os xéneros máis utilizados no canto tradicional.

 

A xota, de metro ternario, execútase de forma pausada e melódica en contraposición á pandeirada, de metro binario e execución máis rápida. Tamén é máis variada por constar de dúas partes diferenciadas: punto e volta. 

 

O punto consta de dous ou catro versos musicais, sometido ao compás de 3/8, para interpretar a composición lírica, en forma de cantiga, de catro versos octosílabos. 

 

A volta  ou refrán tamén consta de dous ou catro versos  musicais para interpretar os versos de seis sílabas. Hai xotas que se recolleron sen volta e mesmo aparecen voltas encadeadas que servían  para punto de xota sen identificar.

 

Cando se interpreta a xota con instrumento rítmico, normalmente a pandeireta, esta indica o cambio do punto á volta para o baile. 

Título Descargas Reproducir
1 O raposo está chorando
2 Punto: Rapaza se vas arar. Volta: Anda, Maruxiña
3 Punto: Se quére-la boa moza. Volta: Aí che vai, Maruxiña
4 Punto: Eu ben cho dixen, rapaza. Volta: Ai, Maruxiña
5 Punto: Carmiña, Carmiña, Carme. Volta: Carmiña, Carmela
6 Punto: Agora que foi e foi. Volta: Aí vai Manuel
7 Punto: Pasei pola túa porta. Volta: Apaga o candil
8 Punto: Andivécheste alabando. Volta: Aló vén o gaiteiro
9 Punto: Non sei que ten a morena. Volta: E viro e viro
  • descarga o arquivo en formato PDF Descarga da partitura da canción en formato PDF
  • descarga o arquivo en formato MIDI Descarga de canción en formato MIDI
  • descarga o arquivo en formato Finale NotePad Descarga da canción en formato de Finale NotePad

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
3 euros

Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores desempregados

Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade