Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

DOCUMENTOS

Servizos que ofrece o Museo

Cancioneiro: Eu non canto por cantar

2 - Os cantos de labor

Os cantos de labor son aqueles que están asociados a un traballo concreto. Normalmente estas composicións líricas indican o tipo de traballo que se executa aínda que ás veces non aparece de forma clara. 

 

Os cantos de labor subdivídense en dous grupos ben diferenciados:

 

2.1. Cantos de labor que se cantan durante a realización dun traballo sen que o pulso do esquema melódico  se relacione cos movementos rítmicos do traballo. 

 

Estamos ante un segundo capítulo de cantos de ritmo libre, interpretados a capela, de forma pausada, con uso de frecuentes melismas e con liberdade recreadora na súa realización definitiva. 

 

2.2. Cantos de labor que se interpretan acompañados polo ritmo do traballo que se está realizando. 

 

Son cantos silábicos cun pulso básico coincidente cos movementos rítmicos do corpo e, en xeral, neste grupo, a temática da letra tamén está relacionada co traballo que se está realizando.

 

Na actualidade, por razóns socias, económicas... e culturais, xa é difícil poder escoitar un cantor ou cantora executando cantos de labor –cantos de arada, cantos de arrieiro, cantos de seitura ou cantos de arrigar, cantos de mallar, cantos de ripar o liño, de mazar, de espadelar, cantos de bater o leite, etc. 

 

Estes cantos de labor, fixados por diferentes colectores, conforman unha parte moi importante do corpus lírico musical de Galicia. 

Título Descargas Reproducir
1 Eu ben vin esta-lo cuco
2 Rapaza, se vas arar
3 Estreliña do luceiro
4 Meu cabaliño, cabalo
5 Hei de ir á túa seitura
6 Anque veño da seitura
7 Hei de ir ás segas a Lugo
8 Unha noite me colleron
9 Fía, miña roca, fía
10 O ferreiro vai fóra
11 Tascadora do meu liño
12 Ai, Carmiña, Carme - Refrán
13 Teño de ir e vir ó Marco
14 Tirulará Pepiño
15 Aí vén o barco do mar
16 Barqueiros de Ribadavia
  • descarga o arquivo en formato PDF Descarga da partitura da canción en formato PDF
  • descarga o arquivo en formato MIDI Descarga de canción en formato MIDI
  • descarga o arquivo en formato Finale NotePad Descarga da canción en formato de Finale NotePad

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
3 euros

Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores desempregados

Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: apoi.museodopobo.gal



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade