Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

DOCUMENTOS

Servizos que ofrece o Museo

Cancioneiro: Eu non canto por cantar

1 - Os cantos arcaicos de ritmo libre: Os alalás

Os xéneros do canto popular galego distínguense polo ritmo. Amais disto, para determinar definitivamente se un modelo melódico é un alalá, un canto de labor, un canto de berce, etc. débese ter en conta o tempo, o contexto social, o ambiente e o espazo no que se canta e cómo se canta.

 

Os cantos arcaicos de ritmo libre, os alalás, carecían na súa execución de acompañamento instrumental melódico ou rítmico polo que é preciso acudir á forma de executar estes modelos melódicos para os poder definir con máis precisión.

 

Os alalás eran interpretados a capela, de forma pausada, usando frecuentes melismas e con liberdade recreadora na súa realización definitiva. 

 

Moitas veces, despois de interpretar a melodía do alalá, coa súa correspondente letra, repetíanse os dous últimos versos da melodía, ou os catro, co “ailalelo, ailalelo, ailalelo ailalailo”.

 

Deberemos ter presente, xa que logo, que estes esquemas melódicos, sometidos a outros esquemas rítmicos, interpretados noutro espazo e noutro tempo, poderían ser clasificados noutro xénero de canto popular. Un mesmo esquema melódico, dependendo da súa realización definitiva, pode ser un alalá, un canto de berce, unha pandeirada, etc.

 

Na actualidade estes esquemas melódicos, fixados por diferentes colectores, dentro dun amplo capítulo de melodías sen función determinada, son executados de forma descontextualizada e fóra das características que o definían. Non obstante, conforman un capítulo importante do noso patrimonio lírico musical que debemos conservar e transmitir.

Descargar partituras: descarga o arquivo en formato PDF Descarga - PDF - 2036Kb

Título Descargas Reproducir
1 Estreliña do luceiro
2 Esta gaitiña que eu toco
3 Asubíasme de lonxe
4 Pontevedra é boa vila
5 Aínda que son das Mariñas
6 Como chove miudiño
7 Adeus, adeus ti non mo digas
8 Non me tires con pedriñas
9 Airiños, airiños, aires
10 Pasei o mar da Marola
11 Elas sonche de Laíño
11 Berducido, Berducido
12 Folladela ten a sona
13 Heime de casar contigo
14 Monterrei está no alto
15 Teño unha casiña branca
16 Nosa Señora da Barca
  • descarga o arquivo en formato PDF Descarga da partitura da canción en formato PDF
  • descarga o arquivo en formato MIDI Descarga de canción en formato MIDI
  • descarga o arquivo en formato Finale NotePad Descarga da canción en formato de Finale NotePad

Horario de visitas

Horario do Museo

De martes a sábado:
10:30 -14 horas // 16 - 19:30 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

24 e 31 de decembro, 5 de xaneiro: 11 - 14 horas

Peche anual:
1 de xaneiro (Aninovo) e
25 de decembro (Nadal)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
3 euros

Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores desempregados

Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
Domingos
18 de maio (Día dos Museos)
25 de xullo
29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.gal



APOI

Nova Web APOI

Logo APOI

Máis información en: www.apoi-mpg.org



Visitas grupos

Visitas grupos

Existe a posibilidade de organizar visitas para grupos previo contacto

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade