Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle informacón relacionada coas súas preferencias mediante o análisis dos seus hábitos de navegación. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter más información aquí.

Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Transparencia

Transparencia

Contratos e convenios


No ano en curso asináronse os seguintes convenios e contratos

Convenios

1.- Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego para colaborar na realización dunhas xornadas conmemorativas do centenario das Irmandades da Fala

Actuación: Simposio”Repensando Galicia: AS IRMANDADES DA FALA, 1916-1931”

Obxecto: Realización dun simposio co obxectivo de fornecer un marco de análise da significación das irmandades da Fala na evolución do pensamento, das ciencias, da literatura e das artes de Galicia, asi como a súa incidencia na dinámica política dun período en que as tensións nacionais e a conflitividade sociopolítica adquiren unha especial relevancia no seo do Estado español.

Importe total da actuación 13.400,00 €; achega realizada 12.000,00 €

2.- Convenio de colaboración cultural entre o Concello de Santiago de Compostela e o Padroado do Museo do Pobo Galego do 17 de agosto de 2016 para colaborar na realización de actividades do museo.

Actuación: Programa de actividades do Departamento de Educación e Acción Cultural en 2016

Obxecto: Realización en Santiago de actividades de divulgación e difusión cultural  promovidas polo museo a través do seu departamento  de educación e acción cultural dando a coñecer os fondos e actividades do museo. Inclúe a celebración do 10 Mostra Internacional de Cine Etnográfico.

Importe total da actuación 10.187,00 €; achega realizada 10.000,00 €


Contratos

            Non existen contratos no ano 2016 con entidades públicas


Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade