Socias e socios

Submitted by admin on Ven, 08/01/2021 - 11:28
Slider socios
Imaxe slider
Socias e socios
As socias e socios son fundamentais para fortalecer o Museo do Pobo Galego e facer del unha institución independente e plural. Asociándote colaboras co Museo de todas as galegas e galegos, e ademais conseguirás diferentes beneficios.
Título listado 1
Beneficios dos socios/as
Items listado 1
Entrada gratuíta
Recepción de información periódica e invitacións
Préstamo domiciliario de biblioteca e videoteca
Recepción de publicacións divulgativas
Participación en actividades especiais
40% de desconto nas publicacións científicas do Museo
Título listado 2
Vantaxes para institucións socias
Items listado 2
Préstamo de exposicións temporais
Préstamo de materiais para exposicións e actividades
Envío de publicacións e material didáctico a bibliotecas públicas
Organización de visitas dirixidas para colectivos
Asesoramento en materia de etnografía, museoloxía e exposicións
Bloque imaxe
Imaxe asociate
Bloque título
ASÓCIATE!
Título tipos socios
Clases de socios/as
Título socio ordinario
Socios/as ordinarios/as
Texto socio ordinario

Poden ser individuais ou institucionais, segundo sexa unha persoa a título individual ou unha entidade que o solicita. Goza de diferentes beneficios e colabora na consecución dos fins do Museo a través da túa cota de socio/a.

Comentarios socio ordinario
Pódela aboar de xeito mensual, trimestral ou anual, segundo os mínimos establecidos por ano. O pagamento da cota dá dereito a desgravación fiscal.
Cotas socios
COTA MÍNIMA
Socio individual
30 €/ano
Socio xuvenil < 16 anos
11 €/ano
Socio institucional
150 €/ano
Título outro socio 1
Socios/as Protectores/as
Texto outro socio 1

Son aquelas persoas físicas ou xurídicas que polo seu especial apoio ao Museo son designadas como tal polo Padroado. A súa achega e a súa vinculación coa entidade fanos acredores desta condición. Reciben un diploma acreditativo, poden usar as instalacións do Museo para actividades de carácter cultural ou corporativo con prioridade sobre outras entidades e gozan dos correspondentes beneficios fiscais, entre outras vantaxes.

Título outro socio 2
Socios/as Patrocinadores/as
Texto outro socio 2

Son aquelas persoas físicas ou xurídicas que pola relevancia do seu apoio ao Museo son designadas como tal polo Padroado. A súa achega económica ou en especie e a súa vinculación coa entidade fanos acredores desta condición. Reciben, igual que os socios protectores, un diploma acreditativo, poden usar as instalacións do Museo para actividades de carácter cultural ou corporativo con carácter prioritario, organizar unha visita anual de empresa e gozan dos correspondentes beneficios fiscais, entre outras vantaxes.

Pé socios
Tanto os socios protectores como os patrocinadores son recoñecidos publicamente no acceso do Museo, na web e en ADRA, a revista dos socios e socias.
Se queres preguntar calquera dúbida aos representantes dos socios e socias ou calquera outra suxestión, contacta connosco.

 

- socios@museodopobo.gal
Título info socios
Un museo de todas as galegas e galegos
Imaxe info socios
Imaxe socios
Texto info socios

O Museo do Pobo Galego ten nas súas socias e socios un dos seus alicerces básicos, por seren o xeito de participación da sociedade na vida do Museo e a vía para lograr que esta sexa unha institución de todos os galegos e de todas as galegas.

A través da asemblea que se celebra anualmente na primeira quincena de maio, as socias e socios elixen 10 representantes no Padroado, órgano soberano do Museo, por un período de catro anos. Á súa vez, destes/as 10 representantes, dous son elixidos para representar as socias e socios no Consello de Goberno, órgano executivo da entidade.