O campamento do CSC de Vite "Vive o verán" visita a Biblioteca

Tipo nova
Biblioteca e arquivos
O campamento do CSC de Vite "Vive o verán" visita a Biblioteca
Imaxe
Imaxe dos participantes do campamento do Centro Socio Cultural de Vite á nosa Biblioteca

Hai uns días viñeron coñecer a nosa Biblioteca os rapaces e rapazas que participan no campamento do Centro Sociocultural de Vite Vive o verán.

Tras un breve percorrido polos distintos espazos que acollen as bibliotecas privadas, rematamos na Central, onde se lles explicou o funcionamento dunha biblioteca dentro dun museo desde que chegan os libros e documentos ata que están á disposición do público. Despois puideron ver diferentes materiais dos nosos fondos (libros antigos, mapas, prensa histórica, etc.) e expuxeron as súas dúbidas para, finalmente, manter un debate en relación cos libros e bibliotecas desde as súas experiencias persoais.