Reprodución de fondos

Reprodución de fondos

Datos persoais
Datos do proxecto
Finalidade de reprodución
Datos dos fondos solicitados
NORMAS DE REPRODUCIÓN
1.    A reprodución dos fondos estará limitada polas características e estado de conservación do material e pola lexislación vixente sobre a propiedade intelectual. 
2.    A autorización outorgada polo Museo do Pobo Galego non cubrirá outro uso diferente ao indicado na solicitude e non suporá en ningún caso a cesión de dereitos sobre o material reproducido. 
3.    A autorización para a divulgación das imaxes enténdese para un só uso. Calquera outra utilización precisará unha nova autorización.
4.    Queda totalmente prohibida a cesión do material a terceiras persoas, así como a transformación ou a realización dalgunha montaxe que modifique a imaxe real do material.
5.    A reprodución deberá realizarse sen desprazar os fondos fóra do Museo do Pobo Galego. Entregarase unha copia do material reproducido no soporte acordado no pedimento da reprodución (CD, DVD, negativo fotográfico, diapositiva, etc.)
6.    As imaxes utilizadas estarán debidamente identificadas como procedentes do Museo do Pobo Galego; así mesmo se incluirán os datos referentes aos fondos reproducidos segundo as indicacións do Museo do Pobo Galego.
7.    Será obrigatorio presentar o texto que haberá de acompañar as imaxes autorizadas antes da súa edición. 
8.    No caso de publicacións enviaranse dous exemplares da obra para a Biblioteca do Museo do Pobo Galego. De tratarse de fondos en depósito, deberán enviarse os exemplares correspondentes para as persoas propietarias dos mesmos.
9.    Os cargos económicos que se deriven da obtención de documentos e do seu envío correrán a cargo de quen solicita.
10.    Con todo, o Museo do Pobo Galego poderá pedir máis información e, no seu caso, rexeitar a solicitude.
11.    O incumprimento destas condicións supón a nulidade da autorización, con independencia das responsabilidades nas que se poida incorrer.