Tigres coma cabalos

Submitted by admin on Mér, 04/08/2021 - 11:13
30
Jul
2021
Tipo evento
Exposición
Tigres coma cabalos
Imaxe
Sala da exposición Tigres coma cabalos no Museo do Pobo Galego

O Museo acolle Tigres coma cabalos a mostra en homenaxe a Xela Arias que inauguraron os secretarios xerais de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e de Política Lingüística, Valentín García, xunto ao director do Museo do Pobo Galego. Na inauguración estiveron tamén Xulio Gil, o autor  das fotografías e Darío Gil, fillo da homenaxeada.

A exposición componse de 48 paneis que combinan fotografías de Xulio Gil e textos da escritora recuperando o poemario icónico homónimo 31 anos despois. Estivo previamente no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, no marco da programación das Letras Galegas 2021, e chega agora ao Museo do Pobo Galego onde permanecerá ata o 26 de setembro nas salas da ala Sur do edificio.