DEAC

Submitted by admin on Xov, 04/02/2021 - 08:46
Imaxe slider páxina
Slider deac

DEAC

O Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego é un mediador coa comunidade que nos sustenta. O servizo, que existe como tal desde o curso escolar 1997-98, desenvolve o seu labor suxeito ás reflexións propias da educación, pero tamén ás que afectan á institución da que forma parte, como a antropoloxía social e cultural ou a museoloxía.

No DEAC conflúen a investigación e unha acción socioeducativa e cultural baseada na educación patrimonial, entendendo o patrimonio desde a súa complexidade, como elemento de memoria e conformación da identidade colectiva e persoal, e como un concepto polisémico, cambiante e en continua construción.

Co noso traballo procuramos xerar espazos de diálogo, negociación e mellora desde a participación e a complicidade para acadar un Museo máis social, accesible e inclusivo.