Biblioteca Salvador Antonio Rodríguez Fraíz

Submitted by admin on Lun, 08/03/2021 - 10:56
Imaxe slider páxina
Biblioteca Salvador Antonio Rodríguez Fraíz
Biblioteca Salvador Antonio Rodríguez Fraíz

Foi membro fundador do Museo e formou parte do seu Padroado até o seu pasamento. Nado na Terra de Montes, estuda no Seminario de Santiago e será nomeado cura párroco de Campañó en 1950, onde desenvolve unha grande labor relixiosa, cultural e social.

Autor de numerosas publicacións e colaborador na prensa galega, durante os anos 60 participou no Equipo Misioneiro Pontificio para América e, entre outras actividades, foi membro do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, participando na sección de Historia e Xeografía, do Pedrón de Ouro e da comisión de Arte Sacra da Arquidiócese de Santiago de Compostela.

A biblioteca ingresou no Museo do Pobo Galego no ano 1995 por doazón da herdeira universal e segundo manda testamentaria. Os fondos son de temática principalmente relixiosa ou referentes á Terra de Montes.

Cerdedo, 1912- Campañó, Pontevedra, 1995