Prorrógase a exposición X. Carballido "Seica" ata o 2 de xaneiro

Enviado por xestor el Vie, 17/12/2021 - 11:54
15
Sep
2021
Tipo evento
Exposición
Prorrógase a exposición X. Carballido "Seica" ata o 2 de xaneiro
Imaxe
seica

Ata o 2 de xaneiro estárá exposta no primeiro andar do Claustro a exposición X. Carballido "Seica".

Patrocinada por O Dezaseis - Casa de Xantar, esta mostra representa un circuito completo a través da obra artística de Xesús Carballido.

Carballido aproveita infinidade de materiais, moitos de pequeno formato, para a realización de colaxes e obras complexas onde o visitante, e incluso o observador casual, poden perderse identificando a gran cantidade de detalles e recordos que conforman cada conxunto. Dese xeito é sinxelo pasar do detalle á comprensión xeral de cada unha das súas creacións, como tamén sucede á inversa, pasando da ollada xeral de cada traballo á procura dos detalles particulares.

Esta exposición conta coa colaboración da Xunta de Galicia - Xacobeo 2021/22