O itinerario sonoro creado polo DEAC dentro do contexto do festival Soa Bonaval remata o 31 de decembro. Poderase facer de dúas maneiras:
1. Con visita comentada.
Nun único día, o sábado 11 de decembro ás 12h, conducida por Carme Campo, técnica do DEAC e comisaria deste Itinerario Sonoro.
Para reservar a praza hai que escribir a servizosdeac@museodopobo.gal antes do día 10.
Prezo de 4€ por persoa. Gratuíto para socias e socios.
2. De xeito autónomo.
Pódese facer de xeito autónomo calquera día, en horario de apertura do Museo, até remate de ano.
É preciso traer un teléfono móbil con datos e lector de QR, así como uns auriculares para poder escoitar as pezas sonoras. Prezo de entrada ao Museo.
No Museo poderedes pasear polas salas procurando as cartelas de "Son[Em]peza". Cada cartela contén dous códigos QR, un con información textual sobre o obxecto que observamos e sobre o son que escoitaremos, e outro QR co son asociado a dito obxecto.
Aquí tedes un exemplo. Diante da fouce, na sala do campo, poderedes escoitar un canto de seitura recollido en 1979.