Transparencia
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, establece que as entidades privadas que perciban durante o período dun ano axudas ou subvencións públicas nunha contía superior a 100.000 euros deberán informar dos datos do seu funcionamento e xestión consonte o que establece a dita lei.
Atopándose nesta circunstancia, a Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego ofrece na súa pestana de transparencia a información relevante nos correspondentes apartados.
Para calquera aclaración ou dúbida, pode dirixirse ao Consello de Goberno da Asociación por medio do correo electrónico administración@museodopobo.gal ou persoalmente nas oficinas do museo en San Domingos de Bonaval.
Central título
Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego
O Padroado do Museo do Pobo Galego é unha institución privada de carácter cultural sen ánimo de lucro constituída na cidade de Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1976 e declarada de utilidade pública pola Orde do Ministerio do Interior do 21 de febreiro de 2005 (INT/669/2005).
Son obxectivos da entidade: investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega e a súa historia en todos os seus ámbitos, e concretamente crear e desenvolver un museo ao servizo destes obxectivos.
Polo seu carácter exclusivamente científico e de investigación, a Asociación non se adscribe a ningunha ideoloxía determinada, nin poderá servir a outros fins que os expresados no parágrafo anterior, sen que iso signifique renuncia á participación que na vida pública lle corresponda como entidade cultural, a través das canles que estableza a lexislación vixente en cada momento.
A Asociación desenvolve as súas actividades en Galicia e noutras áreas nas que, polas súas afinidades coa cultura galega ou outras circunstancias, conveña facelo.
O idioma propio da Asociación é o galego. O galego será tamén o idioma usado normalmente nas súas asembleas e xuntas. En consecuencia, todos os seus documentos oficiais serán redactados en galego, salvo aqueles que impliquen unha relación con administracións ou organismos non radicados en Galicia.
O Museo é membro fundador do CONSELLO GALEGO DE MUSEOS
O Museo é membro fundador da COORDINADORA GALEGA DE FESTIVAIS DE CINEMA PROXECTA
CONVENIOS
Ano en Curso
1.- Convenio de colaboración cultural entre o Concello de Santiago de Compostela e o Padroado do Museo do Pobo Galego de setembro de 2022 que estrutura a xestión da subvención nominativa para o funcionamento do Museo.
Actuación: Apoio ao funcionamento ordinario do Museo do Pobo Galego en 2022.
Obxecto: Realización en Santiago de actividades de divulgación e difusión cultural promovidas polo Museo a través dos seus departamentos, dando a coñecer os fondos e actividades do Museo.
Importe total: 30.000,00 €.
2.- Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Padroado do Museo do Pobo Galego polo que se instrumenta unha subvención nominativa para realizar varias actuacións.
Actuación: Cofinaciar o Proxecto de musealización da sala de historia de "A Galicia Medieval" e o traslado de servizos aos novos espazos rehabilitados da ala sur
Obxecto: Realización da nova sala de historia correspondente a época medieval e montaxe dunha sala de transmisións dixitais e uso múltiples e traslado de oficinas e servizos aos novos espazos de recentemente rehabilitada Ala Sur.
Importe total do investimento 187.500,00 €. Importe da Achega da Deputación de A Coruña 150.000,00 €.
CONTRATOS
Non se realizaron contratos no ano en curso con ningunha entidade pública.
1.- Xunta de Galicia
Achega da Xunta de Galicia para o Museo do Pobo Galego.
Subvención nominativa para funcionamento ordinario: 251.800,00 € (Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023).
Ver en Orzamento do ano 2023 da Xunta de Galicia
Subvención nominativa para actividades e investimentos: 200.000,00 € (Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023).
Ver en Orzamento do ano 2023 da Xunta de Galicia
2.- Outras subvencións
2.1.- Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic):
Liña de axudas: Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia e se convocan para o ano 2022.
Proxecto: XVII Edición da MICE. Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego.
Obxecto: Organización da 17.ª Edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE).
Importe total da actuación 26.473,94 € (gasto elixible); subvención concedida 8.594,11 €.
2.2.- Deputación Provincial da Coruña:
Liña de axudas: Convocatoria: (FO200/2022) Programa de subvencións a fundacións e a entidades sen fins de lucro titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas para o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2022.
Proxecto: Proxecto de mellora das condicións de almacenaxe e conservación de fondos do Museo do Pobo Galego.
Obxecto: O obxectivo do programa das actividades que se presentan é o traslado de fondos do Museo á nova Nave almacén adquirida polo mesmo e o acondicionamento dos fondos nas novas instalacións
Importe total da actuación 32.500,00 €; subvención concedida: 26.000,00 €.
2.3.- Deputación Provincial da Coruña:
Liña de axudas: Convocatoria: (FO223/2022) Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia da Coruña durante o ano 2022.
Proxecto: XVII EDICIÓN DA MICE. MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO DO MUSEO DO POBO GALEGO.
Obxecto: Organización da 17.ª Edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE).
Importe total da actuación 26.473,94 €; subvención concedida: 9.000,00 €.
ORZAMENTOS
Anos anteriores
CONTAS ANUAIS
Contas do ano 2021. Perdas e ganancias
Contas do ano 2021. Balance de situación
Os cargos da Asociación non son retribuídos, senón que se desempeñan con carácter de voluntariado.
O director, os responsables dos departamentos e demais persoal do Museo son retribuídos conforme o Convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos provincial da Coruña en vigor para cada ano.
Non hai contido que amosar para esta sección.