Xuntanza de asociacións no Museo do Pobo Galego

Tipo nova
DEAC
Xuntanza de asociacións no Museo do Pobo Galego
Imaxe
Xuntanza asociacions no MPG

En 2023 conmemoramos en Galicia os 100 anos da creación do Seminario de Estudos Galegos. No Museo do Pobo Galego, unha das institucións herdeiras do SEG, quixemos aproveitar a conmemoración para incorporar distintos puntos de vista sobre o Seminario e o patrimonio do que se ocupou, aproveitando tamén para abrir vías de intervención e de participación directa da sociedade no Museo. 

Nesa liña, neste 2024 queremos organizar un encontro con outras asociacións que, de maneiras diversas e desde distintos puntos do país, continúan aquel labor comezado polo SEG. Un espazo para pensar xuntas sobre os procesos, a situación e as perspectivas do rico tecido do asociacionismo cultural galego. 

A cita será o 1 de xuño no Museo do Pobo Galego. Unha xornada festiva que comezará co intercambio de información e ideas en mesas temáticas, para poñer despois en común o traballo realizado e rematar cun vermú musical con xantar frío. 

Se sodes parte dunha asociación que traballa en investigación e divulgación do noso patrimonio (etnográfico, histórico, científico, lingüístico...) e queredes participar desta xuntanza, podedes enviarnos un correo a servizosdeac@museodopobo.gal e poñerémonos en contacto con vós.