Xornada: Representacións e identidades na eurorrexión Galicia-norte de Portugal. Aquí e alí da raia

Tipo nova
Exposicións
Xornada: Representacións e identidades na eurorrexión Galicia-norte de Portugal. Aquí e alí da raia
Imaxe
Xornada: Representacións e identidades na eurorrexión Galicia-norte de Portugal. Aquí e alí da raia

O Instituto de Estudos das Identidades (IEI) do Museo do Pobo Galego, en colaboración coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (AECT), organizan un encontro baixo o título Representacións e identidades na eurorrexión Galicia-norte de Portugal. Aquí e alí a raia, que terá lugar o venres 18 de febreiro. Nel participaran estudosos de campos como a antropoloxía, a economía, a historia ou a lingüística, tanto de Galicia como de Portugal.

A xornada dará comezo ás 10:15 da mañá e prolongarase todo o día en torno a tres mesas de debate nas que se analizarán as relacións entre as comunidades a un e outro lado do Miño.