Volve a MICE Petís, a programación escolar da MICE
29 de xaneiro de 2025.- A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico MICE Museo do Pobo Galego ultima xa a programación para a súa vixésima edición, que se celebraremos do 12 ao 16 de marzo.
Entre as propostas didácticas, volve a MICE Petís, a sección dedicada aos centros escolares de Galicia. Na semana do festival, concretamente os días 12, 13 e 14 de marzo, haberá sesións cinematográficas presenciais no Museo, organizadas en quendas por tramos escolares de 11 a 14 horas e cunha duración aproximada de 40 minutos.
Toda a información sobre o programa pode consultarse na web da MICE. Para inscribirse en calquera das dúas actividades é preciso enviar un correo a servizosdeac@museodopobo.gal.
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, a área de Cultura da Deputación da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela.