VISITA GUIADA Á MOSTRA "SANTIAGO PROXECTADO: ARQUITECTURAS NON CONSTRUÍDAS"

Tipo nova
Socias e socios
VISITA GUIADA Á MOSTRA "SANTIAGO PROXECTADO: ARQUITECTURAS NON CONSTRUÍDAS"
Imaxe

Estimadas/os patroas e patróns, socias e socios, amigas e amigos:

O vindeiro día 2 de febrero de 2024, ás 18:00, a Oficina de Socias e Socios do Museo do Pobo Galego organiza una visita guiada á mostra “Santiago proxectado: Arquitecturas non construídas”. Na Casa do Cabido, Praza das Praterías 2, Santiago.

Esta mostra pioneira reúne por vez primeira unha serie de proxectos urbanísticos e arquitectónicos xestados ao longo da historia da cidade e que, por diversas causas, non chegaron a plasmarse na realidade. A mostra analiza un total de catorce proxectos que, de se ter realizado, terían representado un cambio significativo na configuración urbanística da Compostela de hoxe. Moitas destas propostas foron realizadas por arquitectos de renome, coma Antonio Palacios, Alejandro de la Sota, Rafael Moneo, Álvaro Siza ou Norman Foster. A exposición presenta tamén un cronograma onde se presentan máis de corenta proxectos pouco coñecidos e non executados.

Dado que o aforo é reducido, pregamos confirmen asistencia ao correo electrónico da Oficina de Socias e Socios (socios@museodopobo.gal). O prazo para anotarse remata o 31 de xaneiro de 2024. Unha vez finalizado o prazo enviaremos correo confirmando asistencia. A visita tan só é para patróns/ patroas, socias/os e colaboradores/ colaboradoras.

Acompañaranos o comisario da exposición, D. Fernando Franjo.

Sen outro particular, reciban un cordial saúdo.

Para dúbidas: 699454971