Visita guiada ao refuxio de Bando e Dolmen de Zarramacedo

Tipo nova
Socias e socios
Visita guiada ao refuxio de Bando e Dolmen de Zarramacedo
Imaxe

Estimadas/os patroas e patróns, socias e socios, colaboradoras e colaboradores:

O vindeiro sábado 17 de febreiro de 2024, ás 11:30h., a Oficina de Socias e Socios do Museo do Pobo Galego organiza unha visita guiada ao Refuxio de Bando. Imos ver animais abandonados e que están en réxime de adopción. É unha visita para nenos e adultos, e a nosa intención é que se teña conciencia da cantidade de animais dos que diariamente nos desprendemos sen darlle maior importancia, sen pensar que vai ser deles, e das condicións nas que viven.

Vainos recibir a Directora do Refuxio, a que vai estar acompañada dalgúns dos seus colaboradores. A visita consistirá nun percorrido polas gateiras e canils, informando de como atenden diariamente, nutren, desparasitan, pasean e manteñan baixo atención veterinaria nas clínicas do refuxio. A visita durará até as 14:00 horas.

A continuación imos ver o Dolmen de Zarramacedo que está a 2 km. do refuxio. Vannos acompañar os arqueólogos Mª José Bóveda Fernández e José Ignacio Vilaseco Vázquez, representantes de socios do Museo, que nos informarán sobre as características do xacemento. Aproximadamente sobre as 15 horas estaremos de volta.

Esta pequena viaxe farémola en autobús. O coste será de 8 euros por persoa, e o abono farase ao subir ao bus. A saída será ás 11:30h. da dársena do colexio La Salle.

Pregamos que as persoas que desexen ir escriban a socios@museodopobo.gal indicando nome, apelidos e número de teléfono. Os nenos deben ir acompañados dun adulto.

O prazo de inscripción remata o xoves 15 ás 15:00 horas.

Para dúbidas chamar ao 699454971.

 

Sen outro particular, reciban un cordial saúdo.