Programa escolar para o curso 2024/25
Xa está dispoñible o programa de actividades e obradoiros didácticos do DEAC para o curso escolar 2024/2025.
Propostas para Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato que terán como eixo a poesía popular oral e os usos e evolucións do noso folclore. Entre elas, xogos cantados, actividades de descuberta, dinámicas relacionadas co labor de recompilación e recolla do patrimonio inmaterial, ou paseos sonoros polo Museo. Tamén, unha nova edición da MICE Petís e da MICE Petís virtual, con proxeccións de cinema etnográfico no Museo e, en liña, nos centros escolares.
Poden consultarse os programas ao completo, coas datas específicas das actividades e os prezos, nestas ligazóns:
- Programa escolar. Infantil e Primaria
- Programa escolar. Secundaria e Bacharelato
Máis información, no enderezo servizosdeac@museodopobo.gal.