Programa escolar para o 2º e 3º trimestre do curso 2023/24

Tipo nova
DEAC
Programa escolar para o 2º e 3º trimestre do curso 2023/24
Imaxe
Programacion escolar MPG

Comezamos o segundo trimestre escolar con novas actividades didácticas destinadas ao alumnado de Infantil a Bacharelato. 

Entre as propostas destacadas para este semestre está a MICE Petís, o espazo escolar dentro da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico que organiza o Museo do Pobo Galego e que terá lugar do 20 ao 26 de marzo de 2024. Nesta edición, a programación específica para centros educativos conta coa colaboración do FICBUEU, o Festival Internacional de Cinema de Bueu. Trátase dunha selección de curtas realizadas por diferentes colexios e institutos galegos que participan da sección escolar deste festival, e que falan de temas como os prexuízos lingüísticos, a igualdade de xénero, a identidade ou os valores medioambientais. Nesta ligazón podedes saber máis desta proposta de sesións virtuais de cinema que poderá solicitarse para realizar na semana do 18 de marzo. 

 

 

Tamén neste segundo o terceiro trimestre, continúan as propostas para visitas presenciais do alumnado, en compaña de persoal do Departamento de Educación, con actividades centradas na narración oral, obradoiros sobre o patrimonio náutico pesqueiro ou os oficios tradicionais, xogos e actividades de descuberta sobre o Museo e o noso patrimonio cultural material e inmaterial...

E, como todos os anos, mantéñense as visitas autónomas dos centros escolares á exposición permanente do Museo do Pobo Galego. 

Podedes consultar o programa ao completo, coas datas específicas das actividades e os prezos, nesta ligazón.

Para máis información, podedes contactarnos no enderezo servizosdeac@museodopobo.gal