Programa Escolar para Infantil e Primaria.
Presentamos as propostas para coñecer o Museo neste curso 21/22, onde combinamos a fórmula presencial e a virtual:
- Ofrecémosvos talleres presenciais dinamizados polas nosas educadoras,onde seguiremos as medidas sanitarias establecidas en cada momento.
- Continuamos coas visitas autónomas, para coñecer a colección pola vosa conta, a través de materiais lúdicos enviados con antelación.
- Temos actividades en liña, polo que poderedes visitar as diferentes salas do Museo desde a vosa aula.
Premede aquí para ter máis información.