A presenza do Seminario de Estudos Galegos en Lugo
O martes, 3 de outubro, celebramos unha mesa redonda para falar da presenza do SEG en Lugo, onde tivo figuras destacadas como foron Xosé Filgueira Valverde, Antonio Fraguas Fraguas ou Ricardo Carvalho Calero. Participarán no coloquio Pilar García Negro, Antonio Prado Gómez e Adolfo de Abel Vilela, e estará moderada por Felipe Arias Vilas.
Lugar: salón de actos da Deputación de Lugo.
Día e hora: martes, 3 de outubro, ás 19:30 horas.
Organizan: Museo do Pobo Galego, Deputación de Lugo e Asociación Lugo Patrimonio.
Máis información: no teléfono 981 583 620 ou no enderezo electrónico secretaria@museodopobo.gal