PRESENTACIÓN DO Nº18 DA REVISTA ADRA

Tipo nova
Socias e socios
PRESENTACIÓN DO Nº18 DA REVISTA ADRA
Imaxe
""

O pasado 18 de xaneiro presentouse o nº18 da revista Adra. A presentación foi en Oleiros, e con tal motivo organizamos dende a Oficina de Socias e Socios unha xeira polo concello visitando o Castelo de Santa Cruz, as Torres, o Museo dos Oleiros e os faros de Mera.

 

 

 

 

 

No acto de presentación interviron: María José Santos Zas, Concelleira de Cultura, quen amais da presentación recibiunos e acompañounos durante as visitas; as autoras Tiffany López Ganet, Rahila Raya, Silvia Pérez Freire e Begoña Bas López; e o director do Museo do Pobo Galego, Lois Ladra.

 

 

 

 

Neste número da revista colaboraron Madalena Romão Mira, Bieito Iglesias, Javier Colodrón Valbuena, Ruy Farias, Xesús Fraga, Anxo X. Brea Lestón, Neves Arza Arza e Laura Cruz López. O debuxo da portada fíxoo Sebas Anxo. Mercedes Pintos encargouse da corrección lingüística, Bieito Iglesias das traducións e Juan Feáns da maquetación.