"Premio Pedra do Destino" da asociación Amigos dos Museos

"Premio Pedra do Destino" da asociación Amigos dos Museos
Imaxe
Premio Pedra do Destino

O Museo do Pobo Galego foi galardoado co Premio Pedra do Destino que outorga anualmente a asociación Amigos dos Museos. Un recoñecemento ao labor desta casa que desde a asociación xustificaron pola "súa necesidade de ser, constancia e saber nos fíns e na profesionalización destas institucións" e que desde esta institución agradecemos enormemente. 

A entrega oficial do premio, consistente nun gran cartel de cego, orixinal, dos primeiros anos do sc. XX, rescatado no mercado de antiguidades, efectuarase no outono.