Portas abertas no museo do 16 ao 21 de maio co gallo do DIM

Portas abertas no museo do 16 ao 21 de maio co gallo do DIM
Imaxe
Vista escaleira Museo do Pobo
O 18 de maio os museos celebran o seu día. En 2023, o ICOM (Consello internacional de Museos) escolleu o lema Museos, sustentabilidade e benestar partindo de que os museos son institucións de referencia e fíos condutores do noso tecido social común, polo que están nunha posición única para fomentar o cambio positivo. O ICOM subliña as contribucións dos museos en campos como o apoio á acción climática, o fomento da inclusión, a loita contra o illamento social e a mellora da saúde mental.
Co gallo do Día Internacional dos Museos, do 16 ao 21 de maio o Museo do Pobo Galego celebra xornada de portas abertas coa entrada de balde. Unha estupenda oportunidade para descubrir ou redescubrir o museo en San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela), a través da súa colección e salas.
Aberto de martes a sábado de 11 a 18h e domingos e festivos de 11 a 14h.