Falecemento de Justo Beramendi
Faleceu Justo Beramendi, patrón fundador do Museo do Pobo Galego e persoa que ocupou diversos cargos de responsabilidade á fronte da nosa institución, como secretario (1976-1986), presidente da Xunta Reitora (2000-2011) e presidente do Padroado desde 2011 ao 2022, ano no que anunciou o seu desexo de retirarse.
No ano 2022 fíxoselle unha homenaxe coa publicación do libro Justo Beramendi. Galego por elección e no 2023 recibiu a insignia de ouro do Museo.
A capela ardente quedará instalada no Auditorio do Museo desde mañá, xoves, 4 de xullo, a partir das 10:00 h. Ás 13:00 horas celebrarase un acto cívico na súa honra.
O acceso normal ao Museo quedará interrompido o xoves entre as 11:00 e as 15:00 horas.