Día Mundial do Alzhéimer
O 21 de setembro é o día de concienciación desta doenza, este ano baixo o lema #InvestigAcción
No Museo colaboramos durante anos coa Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA). Froito deste traballo de investigación, publicamos a guía de recursos "Estimulando a memoria desde o Museo do Pobo Galego Galego. O folclore como recurso na estimulación cognitiva" que podedes descargar premendo aquí.
Dispoñibilizamos tamén un vídeo titorial sobre como implementar este recurso desde os ámbitos terapeutico, da educación patrimonial ou dos cuidados. Podedes velo pinchando aquí.