DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Tipo nova
DEAC
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
Imaxe
Cartel Día Internacional dos Museos 2022

O 18 de maio celébrase o DIM 2022 baixo o lema " O poder dos Museos" escollido polo ICOM (Consello Internacional dos Museos).
É por iso que ese día o Museo do Pobo Galego, xunto a outros museos de Santiago de Compostela, sacaremos a alfombra vermella para recibir ao seu público, xa que é este o verdadeiro poder co que contan estas entidades. 

Ademais teremos unha programación con xornadas de portas abertas, visitas comentadas e obradoiros que podedes ver pinchando nesta ligazón.


Todas as actividades son de balde e precisan de inscrición previa en servizosdeac@museodopobo.gal