Conferencia escénica: Queixa [què volen aquesta gent]
O Museo do Pobo Galego acolle a conferencia escénica de Brigitte Vasallo, dirixida por Gena Baamonde, o martes, día 24, ás 19:00 horas.
Queixa [què volen aquesta gent] é unha investigación escénica sobre a desmantelación do mundo labrego precapitalista en favor da modernidade urbana, explicada desde unha cultura oral anterior ao proceso de alfabetización desa mesma modernidade. Unha intervención feita desde a óptica dunha filla de labregos nacida na gran cidade que busca aunar a tradición oral do mundo labrego coa literatura, unha literatura que explica co corpo, coa voz, coas imaxes.
Brigitte Vasallo é escritora, investigadora e docente, autora de varios títulos, como a novela PornoBurka, prologada por Juan Goytisolo.
Gena Baamonde é doutora en Belas Artes, titulada en Arte Dramática, Dramaturxia e Dirección de Escena, con formación en artes do movemento, igualdade, xénero e diversidade sexual.