ACTIVIDADES DA OFICINA DE SOCIOS E SOCIAS NO 2022

Tipo nova
Socias e socios
ACTIVIDADES DA OFICINA DE SOCIOS E SOCIAS NO 2022
Imaxe

O xoves 3 de febreiro organizamos unha visita guiada ás novas Salas de Historia para os socios e socias do Museo levada a cabo polo Director, D. Manuel Vilar Álvarez.

 

* * *

 

O sábado 21 de maio de 2022 organizamos unha visita guiada á cidade de Lugo, organizada por D. Anxo Regueiro, representante de socios e socias do MPG.  Acompañounos o Director do MPG, D. Manuel Vilar Álvarez.

Visitamos a Domus dos Mosaicos e o conxunto da Porta Miñá - Sala Porta Miñá (exposición do Lugo romano).

Visita á Domus do Mitreo acompañados por D. Felipe Arias Vilas, patrón do Museo, e D. José Ignacio Vilaseco Vázquez,  representante de socios e socias, quen nos fixo de guía durante toda a viaxe.

Visita guiada á Catedral da man de D. Clodio González Pérez, patrón do Museo.

Recepción e visita guiada ao Museo Provincial de Lugo por parte da súa Directora, Dna. Aurelia Balseiro García, e da Vicepresidenta da Deputación de Lugo, Dna. Teresa Ferreiro Tallón.

 

Pola tarde visitamos o Vello Cárcere, actualmente convertido en centro cultural, guiados polo seu persoal.

 

* * *

 

O 16 de xuño fixemos unha excursión á Illa de Arousa, dende onde subimos a unha embarcación dunha empresa autorizada que nos levou á Illa de Guidoiro e Areoso.

Acompañáronnos as arqueólogas Dna. Patricia Mañana, Directora da escavación, e Dna. María Xosé Bóveda, Subdirectora da escavación do túmulo 4 e representante de socios e socias. Guiáronnos até os túmulos de Guidoiro e Areoso que aínda se conservan, facendo un percorrido completo da illa.

 

Tamén foi con nós D. Xosé Penas Patiño, grande coñecedor das aves mariñas e autor de varias publicacións ao respecto. Embarcamos de regreso por Guidoiro Pedregoso observando as aves mariñas dacordo coas súas observacións, e pola tarde fixemos a pé pola costa un paseo ca fin de observar as aves mariñas de ribeira que pousaban nas árbores do camiño.

Finalmente tivemos unha visita á adega Don Bardo levados polo seu responsable, don Arturo Barreiro, quen tivo a xentileza de agasallarnos cuns viños da propiedade.

 

 

* * *

 

O 29 de outubro fixemos un Magosto no Museo, para o que contamos coa colaboración desinteresada da Asociación Cultural Rocha Forte, que nos forneceu todo tipo de asistencia técnica e humana.

 

Este ano o magosto estivo especialmente dedicado a nenos e nenas, podendo desfrutar co contacontos don Anxo Moure, a quen invitamos especialmente para eles.

 

Partillaron na actuación do contacontos moitos nenos e grande cantidade de adultos, resultando nunha xeira moi agradable. Tódolos asistentes puideron levar como agasallo algunha das publicacións propias do Museo que puxemos á súa disposición durante a celebración do Magosto.

 

* * *

 

O xoves 15 de decembro presentamos no auditorio do Museo o libro “Facedores de imaxes. Fotografía e sociedade en Vigo (1870-1915)”, escrito polo narrador e especialista en fotografía don Vítor Vaqueiro e editado por Galaxia. Contamos coa presenza do propio autor, que estivo acompañado polo Director do Museo, Don Manuel Vilar Álvarez, e por Dona Natalia Poncela López, historiadora e crítica de arte, quen presentou o acto.