36.ª Edición dos Premios Antón Losada Diéguez

Tipo nova
Biblioteca e arquivos
36.ª Edición dos Premios Antón Losada Diéguez
Imaxe
Capas dos libros premiados na 36 edición dos Losada Diéguez

Acabamos de recibir na nosa Biblioteca as obras procedentes da 36.ª Edición dos Premios Antón Losada Diéguez, da cal o Museo forma parte do xurado desde hai anos.

Este premio é un certame literario convocado anualmente desde o ano 1985 polos Concellos de  Boborás e O Carballiño, co patrocinio da  Deputación de Ourense. Prémianse obras publicadas no ano anterior entre as presentadas a concurso polas editoriais. Hai dúas categorías: Creación literaria e Investigación e ensaio.

As obras premiadas en 2021 foron: Quérote canto, de Baldo Ramos e Eva Veiga (Editorial Galaxia) na modalidade de Creación literaria, e O Reino medieval de Galicia, de Andrade Cernadas e López Carreira (Xerais) na categoría de Investigación e ensaio.