24 de outubro, Día das Bibliotecas

Tipo nova
Biblioteca e arquivos
24 de outubro, Día das Bibliotecas
Imaxe
DiadasBibliotecas

A orixe desta homenaxe, que resalta a importancia destas institucións para a historia humana como resgardo da súa cultura, os seus escritos e as súas crenzas, remóntase ao 24 de outubro de 1997. 

Neste 2023, centenario dunha institución de tanto significado para Galicia como é o Seminario de Estudos Galegos, desde a Biblioteca do Museo sumámonos ás homenaxes ao seu papel amosando as publicacións do SEG que albergan os nosos fondos, grazas, principalmente, ás bibliotecas persoais de Xaquín Lorenzo e Antonio Fraguas, membros daquel primeiro Seminario. Estas compleméntanse coas de X. Taboada, F. Acuña Castroviejo, C. García Martínez e outros e outras doantes desinteresados e comprometidos coa nosa cultura e co Museo do Pobo Galego.

Só tedes que premer nesta ligazón para coñecer parte dos títulos que viron a luz naqueles anos: A rosa de cen follas, Terra de Melide, Parroquia de Velle, Catálogo dos castros galegos, Os nenos, Corpus Petroglyphorum Gallaeciae... e tantos outros que podedes consultar na nosa biblioteca todo os días do ano. Agardan por todas e todos vós!