"A voltas co baile. Cantar para bailar"

Submitted by xestor on Mér, 02/04/2025 - 10:26
26
Apr
2025
"A voltas co baile. Cantar para bailar"
Imaxe
Cartel A voltas co baile

O sábado, 26 de abril, ás 11 horas, celebraremos a décimo terceira edición de A voltas co baile. 

Este ano, dedicado ás cantareiras e á poesía oral, a xornada explorará a relación entre estes elementos do noso patrimonio inmaterial e as dinámicas e vínculos que se xeran entre as persoas que tocan e bailan. Teremos a oportunidade de gozar co saber e a experiencia de Adelina Suárez, Lucinda Barcia, María López e Pilar Turnes, mestras cantareiras que, a partir das súas vivencias, nos contarán (e cantarán) como se foron desenvolvendo os espazos onde se tocaba e bailaba. A través deste coloquio, descubriremos, de forma directa, as particularidades, relacións e diferenzas entre os bailes de pandeireta nas súas localidades de orixe: Toutón (Mondariz), Ons (Bueu) e Transmonte (Ames).

Abrirá a xornada e guiará a conversa Beatriz Busto, etnomusicóloga e autora do libro As pandereteiras de Mens, unhas das nomeadas na homenaxe colectiva do Día das Letras Galegas deste ano.

A inscrición é de balde e pode realizarse enviando un correo a servizosdeac@museodopbo.gal