A oficina de persoas socias do Museo organiza esta visita guiada a Muras e Vilalba (provincia de Lugo), para a que xa están pechadas as inscricións. O programa para a xornada inclúe a subida ao Mirador de Goía e a visita á exposición A malla de Pascual 1957 promovida polo LABC Legado Activo Beiras Cal. A continuación, visitarase o Campo da Feira e a casa do Médico en Muras, así como a aldea do Burgo. Xa pola tarde, o itinerario continuará polo museo da escola habanera da Liga Santaballesa, a vila de Vilalba e a Torre dos Andrade.