Visita comentada á exposición Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión.

Submitted by xestor on Lun, 02/06/2025 - 09:23
18
Sep
2025
Visita comentada á exposición Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión.
Imaxe
Visita guiada. Exposición Cantareiras

O Museo do Pobo Galego homenaxea ás cantareiras e á poesía oral nesta exposición inaugurada en abril. A partir de xuño e até setembro, dúas das súas comisarias, Isabel Vigo e Carme Campo (técnicas do APOI e DEAC do Museo, respectivamente), acompañarán ás persoas participantes nun paseo dialogado dunha hora de duración para afondar nos seus contidos, centrándose no papel fundamental das mulleres como creadoras e transmisoras desta oralidade. Unha oportunidade para coñecer anécdotas que se foron dando ao longo da súa creación e comprobar que é unha mostra en continuo crecemento, que medra coa memoria de todas e todos nós.

As visitas comentadas realizaranse nas seguintes datas: mércores 18 de xuño ás 19 horas, xoves 10 de xullo ás 19 h, venres 22 de agosto ás 12 h e xoves 18 de setembro ás 19 h.

A actividade está dirixida a persoas adultas. É gratuíta con inscrición previa (máximo de dúas por correo) en servizosdeac@museodopobo.gal até un día antes de cada data.