V Xornadas da Fundación Olga Gallego

Submitted by xestor on Lun, 20/11/2023 - 08:40
23
Nov
2023
Tipo evento
O Museo acolle
V Xornadas da Fundación Olga Gallego
Imaxe
V Xornadas Olga Gallego

Olga Gallego na vangarda (1923-2023): novos retos para os arquivos é o título desta quinta xornada organizada pola Fundación Olga Gallego que se terá lugar no Museo do Pobo Galego o xoves 23 e o venres 24 de novembro

No ano en que se fan 100 anos do nacemento de Olga Gallego, a fundación quere conectar co espírito vangardista da arquiveira, docente e historiadora cos novos retos que os profesionais e a sociedade en xeral debemos afrontar nos próximos anos como son a Inteligencia Artificial, unha nova conceptualización dos arquivos máis inclusiva, os arquivos e as mulleres ou os arquivos e a memoria democrática. 

O programa contará coa participación do especialista de prestixio internacional Geoffrey Yeo, así como doutras persoas expertas como Amparo Alonso, da Universidade da Coruña ou Lluís-Esteve Casellas, do Archivo Municipal de Gerona.

O programa ao completo pode consultarse aquí

A inscrición debe realizarse de antemán nesta ligazón.