Traslatio II. O patrimonio dos camiños do mar a Santiago

Submitted by xestor on Xov, 20/10/2022 - 12:27
20
Oct
2022
Traslatio II. O patrimonio dos camiños do mar a Santiago
Imaxe
Traslatio

A Exposición fotográfica sobre patrimonio marítimo é unha das catro actividades do proxecto Traslatio II e está baseada no proxecto de investigación levado a cabo desde setembro do 2020 a xuño de 2021 na Universidade da Coruña. O proxecto trata de identificar todos os vestixios da arquitectura do mar, é decir Fabricas de salga, Carpintarías de Ribeira, Casetas de pescadores, Peiraos…, así como outros elementos causantes da transformación do bordo litoral para a explotación do medio marítimo.

Está deseñada e comisariada por Fuertespenedo arquitectos, onde como idea expositiva buscase resaltar de maneira puntual o amplo conxunto de bens mobles e inmobles xerados pola cadea mar-industria no ámbito de estudo do bordo litoral das rías de Muros-Noia e Arousa