O venres 8 de setembro, o Museo do Pobo Galego acolle un dos espectáculos da sétima edición do Festival HerDanza: 'Como alabar en voz alta', dirixida, creada e interpretada por Eva Comesaña.
Unha proposta que, en palabras da autora, mestura palabra e movemento para tratar a espiritualidade, o feito de dar e recibir, de ser agradecida e agradecer, porque… "é de ben nacida ser agradecida", ou iso nos contaron dende que somos cativas. Pero que hai no medio de todo isto? Como a relixión e outras relixións nos afectan ou aportan? ORAR, ALABAR, ADORAR, OFRECER, SACRIFICAR, AGRADECER, DEVOLVER,… son algúns dos conceptos que trata a obra.
Día: 8 de setembro.
Hora: 17h30.
Duración: 15 min.