O xoves, 18 de abril, a partir das 10:30 horas, proxectaranse no Auditorio as pezas resultantes da MICEscola, a iniciativa da 19ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego para achegar ao alumnado de secundaria e bacharelato o cinema, a antropoloxía e o método etnográfico, co fin de facelos partícipes da recolla da memoria individual e colectiva.
Titorizados polo DEAC do Museo e as cineastas Coral Piñeiro e Bruno Arias, nesta segunda edición da actividade participaron alumnas e alumnos dun total de cinco centros educativos galegos: o IES Pedra da Aguia (Camariñas), o CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame), o IES de Oroso (Oroso), o IES de Arzúa (Arzúa) e o IES de Cacheiras (Teo). Sobre 70 escolares que levan traballando no proxecto desde o primeiro trimestre do curso 2023-24.
Máis información na web da MICE.