O DEAC presenta as súas propostas para coñecer o Museo neste curso 21/22, unhas actividades onde combinan a fórmula presencial e a virtual:
- Talleres presenciais dinamizados polas nosas educadoras,onde se seguirán as medidas sanitarias establecidas en cada momento.
- Visitas autónomas, para coñecer a colección por conta das escolas, a través de materiais lúdicos enviados con antelación.
- Actividades en liña, para visitar as diferentes salas do Museo desde a aula.
Máis información sobre as actividades e onde anotarse aquí .