Presentación: "VIVA!, os Xenerais da Ulla"

Submitted by xestor on Sáb, 08/06/2024 - 10:31
18
Jun
2024
Presentación: "VIVA!, os Xenerais da Ulla"
Imaxe
Viva! Os Xenerais da Ulla

O martes, 18 de xuño de 2024, ás 19 horas, preséntase no auditorio do Museo do Pobo Galego o fotolibro Viva! Os Xenerais da Ullados fotógrafos Eutropio Rodríguez e Javier Iglesias Ramos.

Un conxunto de 154 imaxes tomadas entre os anos 2019 e 2023 que retratan a tradición do Entroido nos concellos de Silleda, Vila de Cruces, A Estrada, Santiago, Vedra, Teo, Boqueixón, Touro e Padrón. A obra compleméntase cun texto do músico e investigador Fernando Reyes, centrado nas orixes e modelos de representación dos míticos Xenerais.