Presentación literaria: "RESISTIR. Minifundio e policultura"

Submitted by xestor on Lun, 26/02/2024 - 13:08
29
Feb
2024
Presentación literaria: "RESISTIR. Minifundio e policultura"
Imaxe
RESISTIR

Este xoves, 29 de febreiro, ás 19 horas, preséntase no Auditorio do Museo o libro RESISTIR. Minifundio e policultura. Retorno a unha economía familiar sostible, de Xoán Carlos García Porral. 

Trátase dun ensaio antropolóxico sobre o mundo rural, firmado polo docente, investigador e escritor lalinense. 

O autor estará acompañado do poeta e contacontos Celso Fernández Sanmartín

Resumo 'RESISTIR', de Xoán Carlos García Porral.