O mércores, 31 de xaneiro, ás 19 horas, preséntase no Museo a última obra de Esperanza Mariño Davila, As escumas da letra. Biobibliografía de Luísa Villalta, publicada por Baía Edicións.
Trátase dun estudo pormenorizado e global sobre a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024. Un ensaio que ofrece unha imaxe fidedigna e completa da narradora, poeta, ensaísta, filóloga e violinista coruñesa Luísa Villalta, como ser humano e como artista; ao tempo que corrobora a súa importancia para a lingua, literatura e cultura galegas.
Á presentación asistirán, ademais da autora, a escritora Merche Espiño e a editora Belén López.